Manuel Abeledo

político galego
(Redirección desde «Manuel Abeledo López»)

Manuel Abeledo López, nado en Goiás (Lalín) o 5 de abril de 1945[1] e finado na Coruña o 19 de marzo de 2016[2], foi un político galego de tendencia conservadora.

Manuel Abeledo
Nacemento5 de abril de 1945
Lugar de nacementoGoiás
Falecemento19 de marzo de 2016
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, foi profesor e Director Técnico do Colexio "Liceo La Paz" da Coruña (1973-1975). É funcionario do Corpo de Inspectores Técnicos de Educación por oposición. Desempeñou os cargos de Inspector Técnico de Educación en Málaga (1979-1984) e Melilla (1982-1984).

Foi nomeado Subdirector Xeral de Planificación, Profesorado e Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de marzo de 1984 ocupando o posto ata xaneiro de 1987, data na que o nomean Inspector Técnico de Educación da Coruña e en 1989 Inspector Xefe de Educación da Coruña. O 7 de marzo de 1991 foi nomeado Director Xeral de Transportes da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e o 4 de xaneiro de 1994 Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Militante do Partido Popular, foi concelleiro en Lalín, Presidente da Deputación de Pontevedra e Vicepresidente provincial do partido en Pontevedra.


Predecesor:
César Mera
  
Presidente da deputación de Pontevedra
 
1995-2003
Sucesor:
Rafael Louzán


Vida persoalEditar

Casou con Carmen Pérez Díaz e foi pai de Carmen, Marta e Manuel Abeledo Pérez.

NotasEditar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abeledo López, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Fallece Manuel Abeledo Lopez, expresidente de la Diputación de Pontevedra", artigo en Faro de Vigo, 20 de marzo de 2016 (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar