Abrir o menú principal

Manuel Álvarez Novoa

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Álvarez Novoa, finado en Lugo o 19 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Álvarez Novoa
Nome completoManuel Álvarez Novoa
Nacementovalor descoñecido
Falecemento19 de setembro de 1946
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi responsable dun grupo de guerrilleiros na provincia de Ourense. En 1946 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia a través de Samuel Mayo Méndez. Capturado, o seu grupo foi eliminado pouco despois. Xulgado en consello de guerra, atribuíronlle atracos en Chao de Rivas e Valdoseiras e o asasinato de José López Chousa. Foi condenado a morte e executado a garrote vil en Lugo o 19 de setembro de 1946[1].

NotasEditar

  1. La Noche, 20-9-1946, p. 2.

Véxase taménEditar