Mangerita

A mangerita é unha rocha ígnea plutónica intrusiva, que é esencialmente unha monzonita que contén hiperstena. Está caracterizada pola presenza de mesopertita. Aparece con frecuencia en asociación coa norita, anortosita, charnockita e granito rapakivi en cintos metamórficos do Proterozoico. Tamén forman parte dos chamados plutóns AMCG (acrónimo de anortosita, mangerita, charnockita e granito). Deulle o seu nome Carl Fredrik Kolderup en 1903 pola localidade norueguesa de Manger.[1]

Na mangerita poden aparecer os seguintes minerais: feldespato alcalino (mesopertita), plaxioclasio, cuarzo, hperstena, clinopiroxeno, biotita, olivina (faialita, raro) e anfíbolo.

NotasEditar

  1. Le Maitre R.W.; Streckeisen A.; Zanettin B.; Le Bas M.J.; Bonin B.; Bateman P. (2005). Igneous Rocks: A Classification and Glossary of Terms: Recommendations of the International Union of Geological Sciences Subcommission on the Systematics of Igneous Rocks (2 ed.). Cambridge University Press. p. 108. ISBN 9781139439398. 

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.