Plaxioclasio
Chámase plaxioclasio[1] a un grupo de feldespatos correspondente á clase de silicatos alumínicos (á serie dos tectosilicatos) de sodio e calcio variando as proporcións destes elementos. Forman unha serie isofórmica de solución sólida. Os seus minerais principais son a albita e a anortita, nos extremos da serie, tendo todos os plaxioclasios moitas características comúns con ambas.
Debido á importancia da composición dos plaxioclasio á hora da clasificación das rochas ígneas, a serie divídese en cen unidade, en función da porcentaxe de anortita nun plaxioclasio concreto.
Cristalizan no sistema triclínico, de onde toman o seu nome, do grego plagios (inclinado) e klasis (fractura). Os cristais simples e ben desenvolvidos son relativamente raros e máis propios da albita. Acostuman presentar certos tipos de maclas (de tipo polisintético), o que permite diferenciar os plaxioclasios dos feldespatos potásicos en láminas transparentes.
Propiedades
editarAo tratarse dun grupo con series isomórficas, as propiedades físicas e ópticas son moi variábeis dun tipos a outros, dependendo das composición puntual de cada caso. A dureza é unha das constantes en todo o grupo, xa que oscila en tódolos casos entre 6 e 6,5 na escala de Mohs, con exfoliación perfecta e moi boa en dúas direccións que cortan a 90º, e as fracturas son concoides, estelosas ou desiguais.
A densidade varía nos plaxioclasios dependendo do maior contido en calcio, aumentando lixeiramente o peso específico de 2,6 a 2,7 nas ortosas e microclinas, o peso específico é lixeiramente inferior cun valor medio de 2,55.
Son infusíbeis ao fogo a sanidina e as microclinas, mentres que o resto éo con dificultade, sendo máis fácil no caso dos plaxioclasios. Todos son solúbeis en ácido fluorhídrico e os plaxioclasios disólvense en clorhídrico máis facilmente canto maior é o contido de calcio.
O brillo é vítreo anacarado en todo o grupo, variando a transparencia segundo os individuos. Todos eles, ao pertencer ao sistema monoclínico e triclínico son anisótropos biáxicos cuns índices de refracción medio baixos, son inferiores nas ortosas e superiores nos plaxioclasio. A birrefrixencia é bastante constante. Non presentan aspectos típicos nin fluorescencia.
Minerais plaxioclasios e as súas composicións
editarNome do mineral |
|
|
| ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Albita | 100-90 | 0-10 | 2,61 | ||||||
Oligoclasio | 90-70 | 10-30 | 2,65 | ||||||
Andesina | 70-50 | 30-50 | 2,69 | ||||||
Labradorita | 50-30 | 50-70 | 2,70 | ||||||
Bitownita | 30-10 | 70-90 | 2,75 | ||||||
Anortita | 10-0 | 90-100 | 2,77 |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plaxioclasio.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Plaxioclasio |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 58
- Características do plaxioclasioArquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.