A maltase (EC3.2.1.20), tamén chamada alfa-glicosidase, glicoinvertase, glicosidosacarase, maltase-glicoamilase, alfa-glicopiranosidase, glicosidoinvertase, alfa-D-glicosidase, alfa-glicósido hidrolase, alfa-1,4-glicosidase, ou alfa-D-glicósido glicohidrolase, é un encima que hidroliza o disacáridomaltosa, orixinando as dúas unidades de glicosa que a forman.[1][2][3][4][5][6] Este encima encóntrase en plantas, bacterias, lévedos e animais. O encima hidroliza os enlaces O-glicosídicos alfa (1-4). No home encóntrase no epiitelio interno do intestino. Hai outros encimas alfa-glicosidases co mesmo número EC noutros tecidos.
↑Bruni, C.B., Sica, V., Auricchio, F. and Covelli, I. (1970). "Further kinetic and structural characterization of the lysosomal α-D-glucoside glucohydrolase from cattle liver". Biochim. Biophys. Acta212 (3): 470–477. PMID5466143.