Malacoloxía

(Redirección desde «Malacólogo»)

A malacoloxía (do grego μαλακός, "brando" e λογία, "estudo") é unha rama da zooloxía que se encarga do estudo dos moluscos. Os campos de investigación da malacoloxía inclúen taxonomía, ecoloxía, paleontoloxía e máis evolución. Os coñecementos da malacoloxía teñen aplicacións médicas, veterinarias e agrarias, e válese dos moluscos como mediadores de enfermidades, tal que a esquistosomiase.

Bivalvos diversos.

O Museo do Mar do concello pontevedrés da Guarda alberga unha colección malacolóxica de máis de 18.000 pezas.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar