Maksym Hermaniuk (en ucraíno: Максим Германюк), nado o 30 de outubro de 1911 en Nove Selo (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 3 de maio de 1996 en Winnipeg (Canadá), foi un relixioso redentorista católico ucraíno, arcebispo de Winnipeg entre 1956 e 1992.

Infotaula de personaMaksym Hermaniuk
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Nove Selo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1996 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Winnipeg, Canadá Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
3 de novembro de 1956 – 16 de decembro de 1992
← Basil Ladyka (en) TraducirMichael Bzdel →
Bispo diocesano
1 de setembro de 1956 –
← Basil Ladyka (en) Traducir
Bispo auxiliar
13 de xaneiro de 1951 –
Bispo titular
13 de xaneiro de 1951 –
Diocese: Sinna (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónOld University of Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1951–), sacerdote católico (1938–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación do Santísimo Redentor Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBasil Ladyka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 205055247 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de granxeiros grecocatólica o 30 de outubro de 1911. O 29 de setembro de 1933 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor, facendo os votos solemnes o 16 de agosto de 1936.

O 4 de setembro de 1938 foi ordenado sacerdote polo tamén redentorista Mykolai Charnetskyi, entón exarca apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia.

O 13 de xaneiro de 1951 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado apostólico de Manitoba e bispo titular de Sinna. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de mans do exarca Vasyl Ladyka. O 13 de marzo de 1955 foi nomeado coadxutor, e o 1 de setembro de 1956 sucedeu a Ladyka como exarca apostólico. Coa elevación da sé o 3 de novembro de 1956 pasou a ser arcebispo metropolita de Winnipeg.

Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, foi nomeado membro da mesma.[1]

Retirouse o 16 de decembro de 1992, e finou en Winnipeg o 3 de maio de 1996.

Notas editar

  1. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Vasyl Ladyka
 Metropolita de Winnipeg 
1956 - 1992
Sucesor:
Michael Bzdel