Exarcado apostólico católico ucraíno de Volinia, Polesia e Podlasia

O exarcado apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Ucraína estabelecido en 1931.

Modelo:Xeografía políticaExarcado apostólico católico ucraíno de Volinia, Polesia e Podlasia

Localización

Historia

editar

Xa en 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia.[1] Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI.[2]

En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Polonia por Alemaña e a Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesiástica na Unión Soviética, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi, exarca de Rusia e Siberia: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia).[1][3]

O exarcado deixou na práctica de existir cando o seu exarca Mykolai Charnetskyi foi arrestado pola NKVD soviética o 11 de abril de 1945, logo da segunda guerra mundial.[4]

  1. 1,0 1,1 Christopher Lawrence Zugger (2001). Syracuse University Press, ed. The Forgotten: Catholics of the Soviet Empire from Lenin Through Stalin (en inglés). p. 296. ISBN 9780815606796. 
  2. Ukrainian Congress Committee of America (1985). Ukrainian Congress Committee of America, ed. The Ukrainian Quarterly 41. p. 62.  (en inglés).
  3. Klym Dmytruk (1981). Politvydav Ukrainy, ed. Swastika on Soutanes. p. 26. 
  4. Volodymyr Kubiiovych, Naukove tovarystvo imeni Shevchenka (edición) (1971). Ukrainian National Association, University of Toronto Press, ed. Ukraine: a concise encyclopaedia 2. p. 194.  (en inglés).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar