Maimouna N'Diaye
Maimouna N'Diaye, nada en París, é unha actriz franco-guineana principalmente coñecida pola súa participación no filme L'oeil du cyclone (2015).
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() París, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema ![]() |
Período de actividade | 1991 ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en París dun pai senegalés e dunha nai nixeriana.[1] Medrou en Guinea e volveu a Francia con 18 anos. En 1995 formou parte do grupo de teatro Ymako Teatri en Costa do Marfil.[2]
Como humorista, participou en obras de teatro e no cinema no Senegal, en Guinea e en Burkina Faso. Destaca a súa participación no filme La Chasse aux papillons, de Otar Iosseliani (1992), en L'oeil du cyclone, de Sékou Traoré (2014) e en Kirikou et la Sorcière, de Michel Ocelot (1998)[1].
Como realizadora, participou en varios documentais sobre África, como Warbassaga (1998), Balan (2004), Recréatales (2003), Amando (2003), Pauline (l'amour en action) (2009), Tranches de vies (2009) e Le prix du courage (2010)[3],[2].
En 2019 foi elixida como membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Cannes, presidido por Alejandro González Iñarritu[4].
Filmografía
editar- Toubab Bi (1991)
- La Chasse aux Papillons (1992)
- Kirikou et la Sorcière (voz, 1998)
- L'Oeil du Cyclone (2015)
- Bol d'amour
- Super Cops
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Douce, Sophie (14 de maio de 2019). "Festival de Cannes 2019 : Maïmouna N’Diaye, actrice panafricaine". Le Monde.
- ↑ 2,0 2,1 Biographie Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Africafilms
- ↑ Biographie na páxina web Africultures
- ↑ « Le Jury du 72e Festival de Cannes », communiqué de presse du Festival de Cannes, 29 de abril de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Maimouna N'Diaye na IMDb (en inglés).