Magnum Photos é unha cooperativa internacional de fotografía posuída polos propios fotógrafos, con oficinas localizadas en Nova York, París, Londres e Toquio. En palabras do cofundador Henri Cartier-Bresson, "Magnum é unha comunidade de pensamentos, unha cualidade humana compartida, unha curiosidade sobre o que está a pasar no mundo, un respecto polo que está a pasar no mundo, e un desexo de transcribilo visualmente."

Os fotógrafos de guerra Robert Capa, David "Chim" Seymour, William Vandivert, Henri Cartier-Bresson, e George Rodger fundaron Magnum en 1947, respondendo ás súas experiencias da segunda guerra mundial. Magnum é unha das primeiras axencias fotográficas cooperativas, posuídas e administradas por completo polos seus membros. O modelo serve como soporte para os fotógrafos, que reteñen tódolos dereitos e o copyright do seu propio traballo.

A cooperativa Magnum ten incluído reporteiros gráficos procedentes de toda a xeografía do globo e teñen cuberto moitos acontecementos históricos do século vinte. Os arquivos da cooperativa inclúen fotografías describindo a vida familiar, drogas, relixión, guerra, pobreza, fame, crime, políticos e famosos.

Lista de fotógrafos membros da axencia

editar

Ligazóns externas

editar