A Madonna de Kíiv é unha fotografía dunha muller aleitando a un bebé no Metro de Kíiv, onde se refuxiaran durante un bombardeo das Forzas Armadas da Federación Rusa en 2022 sobre a capital de Ucraína.

A foto foi tirada polo xornalista András Földes e fíxose popular en Internet, converténdose nun emblema da crise humanitaria e da inxustiza da guerra. A imaxe inspirou unha icona mostrada nunha igrexa católica de Mugnano di Napoli (Italia), sendo un símbolo da resistencia e a esperanza.[1]

Historia editar

Nos primeiros días da invasión rusa de Ucraína, moitos cidadáns acubilláronse nos pasos subterráneos do Metro de Kíiv durante os bombardeos rusos. Alí, Tetyana Blizniak de 27 anos dáballe o peito á súa filla Marichka de tres meses; a escena chamou a atención do xornalista húngaro András Földes quen decidiu retratala. A muller, canda a súa filla e o seu marido, buscara refuxio no metro o 25 de febreiro de 2022, e, aínda que debían ser evacuados o día 26, non puideron facelo debido aos combates.[2]

A fotografía gañou moita notoriedade na rede e mesmo foi compartida pola páxina web do Vaticano o Día Internacional da Muller.[3] A artista ucraína Marina Solomennykova, de Dnipro, atopou nela a inspiración para facer un cadro de María aleitando ao Neno. Nel, a capucha do suadoiro da nai é representado como o veo da virxe María, e detrás da súa cabeza, un plano do metro de Kíiv faille de auréola.[4]

Por petición do sacerdote xesuíta Vyacheslav Okun, unha copia en tea da obra "Madonna desde o Metro" foi enviada a Italia onde serviría o cura.[1] O día de Xoves Santo, o Arcebispo de Nápoles consagrou a pintura como un obxecto de adoración.[2] A icona é conservada na Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, co título de "Madonna de Kíiv", en Mugnano di Napoli. A obra foi consagrada polo papa Francisco o 25 de marzo de 2022.[5]

Tetyana Blizniak máis tarde tivo refuxio en Lviv.[6]

Significación editar

A imaxe deveu tanto unha ilustración da crise humanitaria e da inxustiza da guerra,[6] e un símbolo da esperanza e resistencia silenciosa dos ucraínos.[1] Se ben, a virxe María co seu fillo Xesús, foron perseguidos por Herodes, a María actual ampara ao seu fillo da violencia da guerra.[7] Pola súa temática e interpretación, a Madonna de Kíiv garda paralelismos coa Virxe de Kíiv, unha icona ortodoxa do século XII que foi símbolo da identidade nacional ucraína e de resistencia durante a época soviética. Hoxe, a Virxe de Kíiv, é considerada un tesouro cultural e un símbolo de patrimonio e identidade ucraína.[8][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Toma, Mihai (2022-04-30). "„Madona din Kiev”. Poza cu o ucraineancă alăptându-și copilul într-un adăpost de la metrou, ajunsă icoană într-o biserică din Italia". Libertatea (en romanés). Consultado o 2023-03-18. 
  2. 2,0 2,1 "Madona del Metro la Napoli". Puterea.ro (en romanés). 2022-04-25. Consultado o 2023-03-18. 
  3. "Francisco: Herir a una mujer es ultrajar a Dios - Vatican News". www.vaticannews.va (en castelán). 2022-03-08. Consultado o 2023-03-18. 
  4. "Ukrainian mother breastfeeding during war becomes Marian icon". Aleteia — Catholic Spirituality, Lifestyle, World News, and Culture (en inglés). 2022-03-28. Consultado o 2023-03-18. 
  5. ""Madonna of Kyiv" icon depicted in one of the churches of Naples - RISU". Religious Information Service of Ukraine (en inglés). Consultado o 2023-03-18. 
  6. 6,0 6,1 Pietrarosa, Emma (2022-04-24). "Madonna di Kiev: la donna ucraina che allatta diventa un simbolo di culto". Roba da Donne - News (en italiano). Consultado o 2023-03-18. 
  7. "With Madonna in Kyiv". AGNI Online (en inglés). 2022-03-02. Consultado o 2023-03-18. 
  8. Alla Nedashkivska, Art and Culture of Ukraine: Contemporary Scholarship, (CIUS Press, 2012)
  9. Orest Subtelny, Ukraine: A History, (University of Toronto Press, 2009)