Músculo serrato anterior
O músculo serrato anterior[1] é un músculo do membro superior humano pertencente á axila. Orixínase coma varias febras musculares superficiais laterais das costelas I a IX e na fascia fonda intermedia que cobre os espazos intercostais correspondentes. O músculo forma unha lámina chá, que se dirixe en sentido posterior ao redor da parede torácica para inserirse na superficie costal do bordo medial da escápula.
Función
editarO serrátil anterior despraza a escápula cara a adiante sobre a parede torácica e facilita a rotación escapular. Tamén contribúe a manter a escápula pegada á parede torácica.
Innervación
editarEstá innervado polo nervio torácico longo, que deriva do plexo braquial, atravesa a axila seguindo a parede medial e descende en vertical cara a abaixo pola superficie externa do serrátil anterior, xusto na profundidade á pel e a fascia superficial.
Notas
editar- ↑ "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray, Henry; Lewis, Warren (1918). Anatomy of the Human Body (20ª ed. 2016). Filadelfia e Nova York: Lea & Feibiger. (en inglés)
- Anatomía de Gray para estudiantes ISBN 84-8174-832-3 (en castelán)