Lyrurus mlokosiewiczi

Lyrurus mlokosiewiczi
Galo lira do Cáucaso, galo lira caucásico

Lámina de Lyrurus mlokosiewiczi, na obra de
John Gould The Birds of Asia, Volume 6, nº 66.
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Lyrurus
Especie: L. mlokosiewiczi
Nome binomial
Lyrurus mlokosiewiczi
(Taczanowski, 1875)
Sinonimia
  • Tetrao mlokosiewiczi Taczanowski, 1875

Lyrurus mlokosiewiczi, coñecido vulgarmente como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas comprendidas no xénero Lyrurus.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1875 polo zoólogo polaco, especializado en ornitoloxía, Wladyslaw Taczanowski, co nome de Tetrao mlokosiewiczi.

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Lylurus.

O epíteto específico, mlokosiewiczi, é unha homenaxe de Taczanowski ao seu compatriota o naturalista Ludwik Mlokosiewicz.

Nomes vulgares editar

Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, coas adaptacións pertinentes a cada unha das linguas.

Nota taxonómica editar

Algúns autores aínda designan a especie polo seu basónimo, Tetrao mlokosiewiczi, que foi substituído polo actual recentemente.[2]

Características editar

Moi semellante en forma, tamaño e costumes ao galo lira común, do que se diferencia sobre todo porque as plumas da cola dos machos teñen a forma de lira menos marcada.[3]

O macho adulto é maior que a femia, como é usual nos fasiánidos, e mide de 50 a 55 cm de lonxitude, mentres que a femia só alcanza de 37 a 42 cm. A plumxe do macho é negra, agás nas cellas de cor vermella; a da femia é gris con algunhas manchas máis escuras.[4]

É quizais o menos coñecido de todos os galos do mundo.

Hábitat e distribución editar

Como especie fundamentalmente terrícola vive en zonas de monte baixo, en ladeiras poboadas con rododendros ou outras matogueiras, nas montañas do sueste de Europa (Cáucaso) e zonas adxacentes (nordeste de Turquía e noroeste de Irán).[3]

Status editar

Inicialmente cualificado como unha especie con datos insuficientes pola UICN, unha investigación recente mostra que a súa poboación está diminuíndo en certa medida, e por iso, a partir de 2008, está catalogada case ameazada.[1]

A súa poboación estimouse en 2006 en ao redor de 70 000 espécimes.[5]

Os esforzos para a súa conservación inclúen fomentar o ecoturismo, como unha maneira de promover o coñecemento desta ave e o seu hábitat.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Lyrurus mlokosiewiczi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de xaneiro de 2019.
  2. Segundo a clasificación IOC 4.1 (da International Ornithologists' Union).
  3. 3,0 3,1 Bruun & Singer 1971, p. 96.
  4. Madge, Steve; McGowan, Phil; Kirwan, Guy M. (2002). Pheasants, partidges, grouse and sandgrouse. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-3966-0. 
  5. Couzens, Dominic (2008). Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press. pp. 73–74. ISBN 978-0-520-25932-4. 
  6. "Doga Dernegi Caucasian Black Grouse Project". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bruun, P. & Singer, A. (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediiones Omega, S A.
  • Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar