Luis Sánchez Cantón
Luis Sánchez Cantón, nado en Pontevedra e finado nos anos setenta, foi un militar galego.
Luis Sánchez Cantón | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | anos 1970 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar |
Pai | Javier Sánchez Cervela |
Irmáns | Francisco Javier Sánchez Cantón |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Javier Sánchez Cervela. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia onde se graduou como alférez en 1919.[1] Foi destinado como tenente a Ferrol en 1921.[2] Participou na guerra de Marrocos. Destinado en Pontevedra, ascendeu a capitán en 1926.[3] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos militares sublevados, detivo no goberno civil de Pontevedra ao gobernador Gonzalo Acosta Pan e a Alexandre Bóveda. Foi un dos militares que xulgaron a Alexandre Bóveda.[4] Na guerra foi ascendido a comandante. Ascendeu a tenente coronel en 1943,[5] e foi destinado ao Rexemento de Artillería número 28 de Santiago de Compostela. Ascendeu a coronel en 1953,[6] e foi comandante militar de Santiago de Compostela. Herdou do seu pai o pazo de Marza en Oleiros.
Recoñecementos editar
- Cruz de San Hermenegildo en 1942.[7]
Vida persoal editar
Casou en Poio con María del Pilar Lenard Quintana, filla de Jesús Lenard Larrea, en outubro de 1926,[8] e foi pai de María del Pilar e Luis Sánchez-Cantón Lenard. Pilar Lenard finou en Oleiros en setembro de 1965.[9]
Notas editar
- ↑ El Diario de Pontevedra, 15-7-1919, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 30-7-1921, p. 3.
- ↑ El Progreso, 30-7-1926, p. 3.
- ↑ Pontevedra, catro días de xullo por Xosé Álvarez Castro
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-2-1943, p. 6.
- ↑ La Noche, 25-11-1953, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-1-1942, p. 3.
- ↑ El Progreso, 31-10-1926, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-9-1965, p. 2.