Luis María Argaña

político paraguaio

Luis María Argaña, nado en Asunción o 9 de outubro de 1932 e finado na mesma o 23 de marzo de 1999, foi vicepresidente constitucional de Paraguai entre os anos 1998 e 1999, cando faleceu cribado na rúa "Diagonal Molas López" de Asunción, capital de Paraguai.

Luis María Argaña
Luis María Argaña

15 de agosto de 1998 – 23 de marzo de 1999
Presidente Raúl Cubas Grau
Precedido por Ángel Seifart
Sucedido por Julio César Franco

Datos persoais
Nacemento 9 de outubro de 1932
Asunción, Paraguai
Falecemento 23 de marzo de 1999 (66 anos)
Asunción, Paraguai
Partido Partido Colorado

BiografíaEditar

Argaña formou parte do grupo político que participou na ditadura militar de Alfredo Stroessner desde 1954 en Paraguai.

Tras o golpe de estado do Xral. Andrés Rodríguez, Argaña foi ministro de Asuntos Exteriores (1989-1990).[1]

Foi presidente da Asociación Nacional Republicana (ANR) ou Partido Colorado durante os últimos anos da súa vida.

MorteEditar

Na investigación xudicial realizada, determinouse que Argaña foi asasinado por un grupo armado que se desprazaba nun automóbil Fiat Tempra que interceptou o vehículo no que se trasladaban Argaña, o seu gardacostas e o seu chofer. Os asasinos obstaculizaron a rúa, detendo o vehículo de Argaña. Baixaron organizadamente e dispararon repetidamente contra o gardacostas, o chofer e contra Argaña, quen morrería por tales disparos, ademais do seu gardacostas. O chofer sobreviviría.

Desde o inicio a investigación xudicial estivo extremadamente politizada. A aparición dun testemuño falso (que sería asasinado anos despois en estrañas circunstancias) provocou dúbidas sobre as circunstancias do asasinato de Argaña.

Os seus principais opositores, os seguidores de Lino Oviedo e el mesmo, negan que Oviedo ordenara o asasinato de Argaña e consideran que todo foi unha conspiración para provocar a renuncia de Raúl Cubas Grau e a caída política de Oviedo e dos seus partidarios.

A pesar do politizado das investigacións, obtivéronse algunhas probas obxectivas, como a identificación do auto usado no asasinato, o dono orixinal do mesmo e a partir de aí identificáronse os autores materiais dos disparos, entre eles a Pablo Vera Esteche, Luis Rojas, Fidencio Vega e Reinaldo Servín; coñecido dirixente político, partidario de Oviedo. Os cruces de chamadas telefónicas, rexistradas nos seus teléfonos móbiles permitiron a súa vinculación obxectiva.

Todos xa foron condenados polo asasinato de Argaña, a excepción de Fidencio Vega, que xunto ao político Galeano Perrone, foron declarados prófugos pola xustiza paraguaia.

Non se puideron atopar probas obxectivas irrefutables sobre a autoría moral do magnicidio de Argaña, pero a participación de Servín permite orientar as sospeitas cara a Lino Oviedo segundo o fiscal da causa, Rubén Villalba; algo que rechazan os seus seguidores, quen sosteñen a súa propia teoría.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
Ángel Seifart
 
Vicepresidente da República do Paraguai

1998-1999
Sucesor:
Julio César Franco