Luigi Taveri
Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929 e finado o 1 de marzo de 2018 nun hospital do cantón de Zúric, foi un motociclista suízo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1929 ![]() Horgen (Suíza) ![]() |
Morte | 1 de marzo de 2018 ![]() Suíza ![]() |
Causa da morte | Ictus ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Samstagern (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Suíza ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo , emprendedor ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Deporte | Motociclismo de velocidade ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDebutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.