Luc Longley

baloncestista australiano

Lucien James Longley, nado o 19 de xaneiro de 1969 en Melbourne, Victoria, é un ex xogador e actual adestrador australiano de baloncesto profesional. Foi o primeiro australiano en xogar na National Basketball Association (NBA), onde estivo dez tempadas en catro equipos diferentes.[1] Foi internacional coa selección australiana, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1988, 1992 e 2000, e dende 2013 é adestrador asistente da selección.

Luc Longley
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 19 de xaneiro de 1969 (55 anos)
Melbourne, Victoria
Nacionalidade Australia Australia
Altura 2,18 m (7 ft 2 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Instituto Scotch College (Perth, Australia)
Universidade New Mexico (1987–1991)
NBA Draft 1991 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Minnesota Timberwolves
Carreira 1986–2001
Historial de equipos
Perth Wildcats (1986)
Minnesota Timberwolves (1991–1994)
Chicago Bulls (1994–1998)
Phoenix Suns (1998–2000)
New York Knicks (2000–2001)

Traxectoria profesional editar

Longley foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 1991 polos Minnesota Timberwolves. Debutou na NBA cos Timberwolves o 30 de novembro de 1991.[2] Tras dúas tempadas a baixo nivel, na tempada 1993–94 foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Stacey King.

En Chicago converteuse no pivote titular, e gañou tres campionatos da NBA consecutivos de 1996 a 1998, converténdose no primeiro xogador australiano en gañar a NBA. Tras a ruptura do equipo ó remate da tempada 1997–98, Chicago traspasou a Longley ós Phoenix Suns, a cambio de Mark Bryant, Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft.[3]

Antes do comezo da tempada 2000–01, Longley foi traspasado ós New York Knicks, no segundo traspaso entre catro equipos da historia da NBA.[4] Longley xogou un ano para os Knicks antes de retirarse por problemas no nocello esquerdo.[5][6]

Notas editar

  1. "Australian basketball’s forgotten NBA pioneer". www.theroar.com.au. Consultado o 2018-01-21. 
  2. "Minnesota Timberwolves at Dallas Mavericks Box Score, November 30, 1991". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2020. Consultado o 29 de abril de 2020. 
  3. Smith, Sam (9 de febreiro de 1999). "Longley's Exit Takes Him to a New Place with the Suns". Chicago Tribune. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  4. Broussard, Chris (21 de setembro de 2000). "Knicks Send Ewing to Sonics As 4-Team Deal Ends an Era". The New York Times. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  5. Broussard, Chris (13 de xullo de 2001). "Longley has not made it official, but it looks like the end of the line". The New York Times. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  6. "Knicks cut Longley and pick up Burrell". The New York Times. 26 de setembro de 2001. Consultado o 20 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar