Luís de Freitas Branco

compositor portugués

Luís de Freitas Branco, nado en Lisboa o 12 de outubro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1955, foi un compositor portugués, introdutor do modernismo na música portuguesa e unha das máis importantes personalidades da cultura portuguesa do século XX.[1]

Modelo:BiografíaLuís de Freitas Branco

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Luiz Maria da Costa de Freitas Branco Pedro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSinfonía Editar o valor en Wikidata
AlumnosJoly Braga Santos Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín, piano e órgano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteBrief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0208460 BNE: XX1274605 Musicbrainz: 7ae46f4c-ead4-437b-891d-f44b0a557ce7 Discogs: 2257721 IMSLP: Category:Freitas_Branco,_Luís_de Allmusic: mn0002226747 WikiTree: Costa_Freitas_Branco-1 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Desenvolveu a súa actividade en diversas áreas da vida cultural. Educado no medio familiar, axiña tomou contacto coa música, estudando violín e piano. Aos 14 anos xa compuña cancións que alcanzaron unha gran popularidade. Ao 17 anos comezou a súa tarefa como crítico musical no Diário Ilustrado. Tamén estudou órgano.

En 1910 instálase en Berlín co fin de estudar composición, música antiga e metodoloxía da historia da música. En maio de 1911 viaxou a París, onde tivo ocasión de coñecer a Claude Debussy e a corrente estética impresionista. En 1916 foi nomeado director do Conservatorio de Lisboa. Entre 1919 e 1924 foi subdirector.

Mantivo relacións estreitas con diferentes personaxes da vida cultural portuguesa, como Bento de Jesus Caraça e António Sérgio.

A partir de 1940 é acusado de irreverente por comportarse de xeito "impropio" nas aulas e por feitos da súa vida privada, sufrindo un proceso que culminaría na súa suspensión como docente do Conservatorio. A partir de entón dedicouse á radio e aos seus discípulos.

Vida persoal

editar

Era irmán do mestre e músico Pedro de Freitas Branco, de quen foi profesor.

Casou con Estela Diniz de Ávila e Sousa, sen que tivesen descendentes.

Tivo un fillo con Maria Clara Dambert Filgueiras, de ascendencia franco-belga, o musicólogo e matemático João de Freitas Branco.

Era tío do compositor e pianista Bernardo Sassetti.

  1. "Luís de Freitas Branco". Discogs (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar