Bernardo Sassetti

Bernardo da Costa Sassetti Pais, coñecido só como Bernardo Sassetti, nado en Lisboa o 24 de xuño de 1970 e finado na Praia do Abano, Alcabideche, Cascais, o 10 de maio de 2012,[1] foi un compositor e pianista portugués.

Bernardo Sassetti
Nome completoBernardo da Costa Sassetti Pais
Data nacemento24 de xuño de 1970
Nado enLisboa
Falecemento10 de maio de 2012
 Cascais
Causacaída
CónxuxeBeatriz Batarda
Ocupacióncompositor, pianista, músico de jazz e compositor de bandas sonoras
Instrumento(s)Piano
Na rede
IMDB: nm0765968 Allocine: 98207 Allmovie: p369072
Musicbrainz: 6545eeb4-38d4-4557-b949-d3cbace5679e Songkick: 556215 Discogs: 196068 Allmusic: mn0000059762 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Familia editar

Era o fillo máis novo de Sidónio de Freitas Branco Pais e da súa muller e curmá en 2º grao María de Lourdes da Costa de Sousa de Macedo Sassetti, de ascendencia italiana. O seu pai era neto paterno de Sidónio Pais, sobriño materno de Luís de Freitas Branco e de Pedro de Freitas Branco e curmán de João de Freitas Branco. A súa nai era curmá-sobriña de Luís de Freitas Branco e de Pedro de Freitas Branco, curmán segunda de João de Freitas Branco, bisneta do 5º Vizconde de Mesquitela e 3º Conde de Mesquitela e sobriña bisneta do 1º Vizconde de Nogueiras.

Formación editar

Comezou os seus estudos de piano clásico DINDONG aos nove anos coa profesora Maria Fernanda Costa e, posteriormente, co profesor António Menéres Barbosa, tendo tamén asistido á Academia dos Amadores de Música. Dedicouse ao jazz, estudando con Zé Eduardo, Horace Parlan e Sir Roland Hanna. En 1987 comeza a súa carreira profesional, en concertos e clubs locais, co cuarteto de Carlos Martins e Moreiras Jazztet; participa en numerosos festivais con músicos como Al Grey, John Stubblefield ou Andy Sheppard

Traxectoria profesional editar

Nos primeiros quince anos da súa carreira, actuou por todo o mundo xunto a Art Farmer, Kenny Wheeler, Freddie Hubbard, Paquito D'Rivera, Benny Golson, Curtis Fuller, Eddie Henderson, Charles McPherson, Steve Nelson, integrados na Orquestra das Nacións Unidas e no quinteto de Guy Barker co que gravou o CD "Into the blue" (Verve), nomeado aos Mercury Awards 95- Dez discos do ano. En novembro de 1997, tamén con Guy Barker, grava "What Love is", acompañado pola Orquestra Filharmónica de Londres e co cantante Sting de convidade especial.

Como compositor, as suites "Ecos de África", "Sons do Brasil", "Mundos", "Fragments (Of Cinematic Illusion)", "Entropé" (para piano e orquestra) e "4 Movimentos Soltos" (para piano, vibráfono, marimba e orquestra). O seu primeiro disco como líder, Salsetti (Groove/Movieplay), gravouse en abril de 1994 coa participación de Paquito D'Rivera, o segundo, Mundos (Emarcy/Polygram), en xaneiro de 1996.

Recoñecementos editar

"Nocturno", lanzado por Clean Feed en 2002, foi premiado cun 1º Premio Carlos Paredes. "Índigo" e "Livre" son outras das súas máis recentes gravacións de piano solista para o mesmo selo.

O 30 de xaneiro de 2006 foi nomeado Comandante da Orde do Infante D. Henrique.[2]

Vida persoal editar

Bernardo Sassetti estaba casado coa actriz Beatriz Batarda, coa que tivo dúas fillas, María e Leonor Batarda Fernandes Sassetti Pais, de 8 e 6 anos no momento da súa morte. [3] [4]

Pasamento editar

Faleceu o 10 de maio de 2012 tras unha caída de 20 metros dun cantil na Praia do Guincho, no concelho de Cascais. A Capitanía do Porto de Cascais recibiu unha chamada ás 15:15 horas deste xoves 10 de maio para socorrer “a un individuo que caera nunha rocha ao norte da Praia do Abano”.[1]

Música para películas editar

Dedicouse habitualmente á música de cine, tendo interpretado varias obras, entre as que destaca a súa participación na película do director Anthony Minguella - " The Talented Mr. Ripley " (Paramount/Miramax). Para este proxecto gravou "My Funny Valentine" co actor Matt Damon, entre outras cancións. Tamén compuxo, en colaboración co trompetista Guy Barker, unha serie de temas que se presentarán na estrea desta película realizada en Los Ángeles, Nova York, Chicago, Berlín, París, Londres e Roma.

As súas obras de composición para cine máis importantes son as seguintes: "María do Mar" de Leitão Barros, "Coitelos e anxos" de Eduardo Guedes, "Quaresma" de José Álvaro Morais, "O Milagre Segundo Salomé" de Mário Barroso, "A Costa dos Murmúrios" de Margarida Cardoso, "Alice" de Marco Martins, o documental "Noite em Branco" de Olivier Blanc e a curtametraxe "As Terças da Bailarina Gorda" de Jeanne Waltz. Como solista, tamén participou na película "Pax" de Eduardo Guedes e na curtametraxe "Bloodcount" de Bernard McLoughlan.

Como concertista editar

Como concertista, actuou en piano solista, en trío con Carlos Barretto e Alexandre Frazão ou en dúo co pianista Mário Laginha, co que gravou os CD "Mário Laginha/Bernardo Sassetti" e "Grandolas" (homenaxe a Zeca Afonso e aos 30 anos da Revolución do 25 de abril).

Como solista editar

Entre os moitos discos gravados (como solista, acompañante e compositor) destacan: Conrad Herwing e Trío de Bernardo Sassetti - "Ao vivo no Guimarães jazz"; Cuban Orchestra Sierra Maestra - "Dundumbanza" e "Tibiri tabara"; Carlos Barreto - "Impressões" e "Olhar"; Carlos Martins con Cindy Blackman - "Passagem"; Luis Represas - "Complicidades"; Carlos do Carmo "En directo no Coliseu"; Guy Barker - "Into the blue", "Timeswing" e "What love is"; Perico Sambeat - "Perico"; Guillermo McGill - "Cielo" e "Oración"; Tetvocal - "Desafinados"; Djurumani - "Reencontro" e Andy Hamilton - "Jamaica by night", entre moitos outros.

Discografía editar

  • Salsetti, 1994, Groove
  • Mundos, 1996, Universal
  • Nocturno - Bernardo Sassetti Trio, 2002, Clean Feed (con Carlos Barretto e Alexandre Frazão), NRW
  • Piano a 4 maõs - (Sassetti e Mário Laginha ), 2003
  • Grândolas - Seis cancións e dous pianos nos trinta anos de abril (con Mário Laginha), 2004
  • Indigo, 2004, Clean Feed
  • Livre, 2004, Clean Feed
  • Alice - (Banda Sonora de Película), 2005, Tren Azul
  • Ascent - (con Carlos Barretto e Alexandre Frazão), Bernardo Sassetti Trio2, 2005, Clean Feed
  • Unreal: Sidewalk Cartoon, 2006, Clean Feed [5]
  • Dúvida (1964), 2007, Tren Azul
  • 3 Pianos - (con Mário Laginha e Pedro Burmester ), 2007
  • Um amor perdido, 2009, Trem azul
  • Palace Ghosts And Drunken Hymns - con Will Holshouser Trio, 2009, Clean Feed
  • Second Life, 2009
  • Motion - Bernardo Sassetti Trío, 2010, Clean Feed
  • Carlos do Carmo & Bernardo Sassetti - con Carlos do Carmo, 2011, Universal [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Morreu o compositor e pianista Bernardo Sassetti". 11/5/2012. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2014. Consultado o 11/5/2011. 
  2. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Bernardo Sassetti". Consultado o 2015-04-05. 
  3. Hugo Torres, Romana Borja-Santos e Vítor Belanciano (11 de Maio de 2012). "Morreu Bernardo Sassetti, o músico que buscava o silêncio". Consultado o 4 de decembro de 2018. 
  4. "Biografia". Consultado o 4 de decembro de 2018. 
  5. "Unreal: Sidewalk Cartoon". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 2011-11-12. 
  6. Diário Insular de 17/05/2012, páx. 12, nº 20470, ano LXVI.

Véxase tamén editar