Anthony Minghella
Anthony Minghella, nado en Ryde, na illa de Wight, o 6 de xaneiro de 1954 e finado en Londres o 18 de marzo de 2008, foi un director e guionista de cine británico.
Anthony Minghella | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1954 |
Lugar de nacemento | Ryde |
Falecemento | 18 de marzo de 2008 |
Lugar de falecemento | Hammersmith |
Causa | cancro de labio e cavidade oral |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Hull, St John's College e Sandown Bay Academy |
Ocupación | guionista, dramaturgo, director de cinema, produtor de cinema, escritor, director teatral e realizador |
Fillos | Max Minghella |
Irmáns | Dominic Minghella e Loretta Minghella |
Premios | Laurence Olivier Award, Comandante da Orde do Imperio Británico, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, lista de filmes premiados com o BAFTA de melhor filme, premiados com o BAFTA de melhor roteiro adaptado e premiados com o BAFTA de melhor roteiro original |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de pai italiano e nai Escocesa, graduouse na Universidade de Hull.
Gañou o Premio Oscar ó mellor director polo seu traballo na película The English patient. Na década de 1980 traballou para a televisión en series británicas tanto para a BBC como para a ITV.
Foi en 1990 cando empezou a traballar no mundo do cine. Ese ano filmou a película Truly, Madly, Deeply que foi o seu primeiro grande éxito de portelo. Este foi o primeiro traballo de Minghella como director, e deulle a oportunidade de aprender para posteriores proxectos máis ambiciosos.
Minghella estaba casado coa coreógrafa Carolyn Choa e tiña un fillo e unha filla, Max e Hanna. Max, nado en 1985, é actor e un dos protagonistas da próxima película de Alejandro Amenábar, Mists of Estafe, onde dá vida a Davo. Hanna foi axudante de produción do seu pai en The Talented Mr. Ripley.
Ata a data da súa defunción foi o presidente do British Filme Institute.
O seu irmán, Dominic Minghella, é tamén un coñecido guionista.
Filmografía parcial Editar
- The storyteller (1987) (TV) (guionista)
- Living with Dinosaurs (1989) (TV) (guionista)
- Truly, Madly, Deeply (1990)
- Mr Wonderful (1993)
- O paciente inglés (1996)
- The Talented Mr. Ripley (1999)
- Play (2000)
- Cold Mountain (2003)
- Breaking and Entering (2006)
Premios Editar
- 2003 Premios "National Board of Review" - Mellor guión adaptado por Cold Mountain (2003)
- 1999 Premios "National Board of Review" - Mellor director por The Talented Mr. Ripley (1999)
- 1997 Oscar ao mellor director por O paciente inglés (1996)
- 1997 BAFTA á mellor película por O paciente inglés (1996) (compartido con Saul Zaentz)
- 1997 Premio da "Broadcast Filme Critics Association" - Mellor director e mellor guión por O paciente inglés (1996)
- 1997 Premio da "Directors Guild of America" á mellor dirección por O paciente inglés (1996)
- 1992 BAFTA ó mellor guión orixinal por Truly, Madly, Deeply (1990)