Luís Sobrado

profesor e político galego

Luís Martín Sobrado Fernández, nado na Xesta (Lalín) o 30 de setembro de 1942, é un profesor e político galego.

Luís Sobrado
Nacemento30 de setembro de 1942
Lugar de nacementoLalín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico
Na rede
Dialnet: 5854
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi mestre e inspector de Educación. Doutor en Pedagoxía e titulado en Psicoloxía Pedagóxica pola Universidade Complutense de Madrid. É Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación da Facultade de Ciencias da Educación. Foi director do ICE e do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

Foi Secretario Xeral do Partido Galeguista (1979-1981), pertenceu á comisión do Estatuto dos dezaseis e asinou o 29 de setembro de 1980 os pactos do Hostal da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.[1] O congreso do Partido Galeguista de xuño de 1981 que elixiu presidente a Alfonso Álvarez Gándara rematou coa expulsión do sector máis á esquerda dirixido por Luís Sobrado.[2]

En 2009 foi condenado por unha estafa á Universidade,[3] pero foi indultado o 8 de outubro de 2010.[4].

Obras editar

  • Orientaciones curriculares para la integración en educación especial, 1985.
  • Calidad de los programas de formación del profesorado de preescolar, 1986.
  • Intervención psicopedagógica y orientación educativa, 1990.
  • Servicios de orientación ós centros educativos, 1996.
  • Evaluación psicopedagógica y orientación educativa, 2000 (con Camilo Ocampo Gómez).
  • Orientación e inserción profesional, 1998.
  • Orientación e intervención sociolaboral, 1999.
  • Estratexias de orientación psicopedagóxica no ensino secundario, 1998.
  • Orientación profesional. Diagnostico e inserción sociolaboral, 2000.
  • Diagnóstico en educación. Teoría, modelos y procesos, 2002.
  • Evaluación y Orientación de Competencias y Calificaciones Profesionales, 2004.
  • A calidade educativa dos centros docentes. Valoración e desenvolvemento, 2006.
  • Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2007.
  • Tecnologías de la información y comunicación. Uso en orientación profesional y en la formación, 2011.

Vida persoal editar

Casou con Fe Taboada Fernández.

Notas editar

  1. "Luis Sobrado,'pai do Estatuto': Hai que axustar o texto aos novos tempos". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2011. 
  2. Justo G. Beramendi e Xosé M. Núñez Seixas (1996) O nacionalismo galego. A Nosa Terra, p. 265
  3. Condenado a 5 años un catedrático por estafar 6.309 euros a la universidad
  4. Indulto

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 98. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas editar