Luís Rodríguez Santos

xornalista e escritor galego

Luís Rodríguez Santos, que en ocasións asinaba como Luis R. Santos, nado en Ourense en 1884[1] e finado no Carril en agosto de 1953, foi un xornalista, escritor e mestre galego.

Infotaula de personaLuís Rodríguez Santos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
O Carril, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAbdón Rodríguez Santos Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1757054

Traxectoria

editar

Irmán de Abdón Rodríguez Santos. Emigrou a Cuba. Foi redactor de Diario Español, e colaborou en Vida Catalana. Co seu irmán Abdón publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela cuerta Los harapos del lujo en 1907.[2] Estreou na Habana as pezas teatrais El maldito deber e Un beso. Tamén colaborou na revista Brisas. Retornou a Ourense nos anos vinte e foi representante comercial. En 1936 pasou unha longa tempada en Cuba.[3] No franquismo traballou no periódico Domingo de Madrid.[4] A finais dos anos corente foi mestre de Bamio e despois de Cea. Colaborou en El Pueblo Gallego. Finou no Carril en agosto de 1953.[5]

  • Las ilusiones del amor, 1908.[6]
  • Las dos primas, 1911.
  • Rosas fugitivas. Poesías, 1917.

Vida persoal

editar

Casou con Mariana Calvo González, nada en La Habana (illa de Cuba) en 1887.

  1. "List or manifest of alien passengers for the United States inmigrant inspector at port of arrival", coa listaxe dos pasaxeiros do S.S. Marqués de Comillas que, tendo saído do porto de Vigo, recalou en Nova York o 21 de xuño de 1946 en tránsito cara a La Habana (lista nº 16).
  2. Diario de la Marina, 3-9-1907, p. 10.
  3. La Zarpa, 12-7-1936, p. 1.
  4. El Correo Gallego, 1-5-1947, p. 5.
  5. El Ideal Gallego, 2-9-1953, p. 8.
  6. Editado por Domingo Alonso e impreso na Imprenta La Prueba, en La Habana, conta cun prólogo de Eduardo Varela Zequeira (Trelles, Carlos M. (1917). Imprenta de la Viuda de Quirós y Estrada (impresor), ed. Bibliografía cubana del siglo XX. Tomo segundo (1900-1916) (PDF) (en castelán). Matanzas. p. 63. ).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar