Luís López Alonso
Luís López Alonso, nado en Sarria o 23 de febreiro de 1977, é un farmacéutico, lingüista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1977 (47 anos) Sarria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarLicenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Após deixar de traballar como boticario, desde o ano 2022 é profesor e investigador en formación do departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade). O seu campo de investigación céntrase na sociolingüística crítica e na teoría literaria.
É membro fundador do grupo poético lucense das Lupercais. Colabora en Revista dos tr3sreinos, O Pazo das Musas, Xistral e Grial e intervencións e actividades poéticas como a residencia itinerante internacional Ámeto mítico da Fundación Uxío Novoneira ou a residencia internacional Rosalía en camiño da Fundación Rosalía de Castro.
Creou e guionizou as dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico, baseada no libro infantil homónimo de Marisa Núñez e Helga Bansch.
Obras
editar- Presal. Xerais e Universidade de Vigo, 2019.
- Salífero. Urutau, 2020.
- Salífero opus #.
Premios
editar- Premio Minerva en 1995.
- Premio de poesía da Universidade de Vigo, 2019.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís López Alonso |