Luís I de Portugal
Luís I de Portugal, alcumado o Popular, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1838 e finado en Cascais o 19 de outubro de 1889, foi rei de Portugal entre 1861 e 1889. Era ou segundo fillo da raíña María e do rei consorte Fernando, e foi Duque do Porto.
Luís I de Portugal | |
---|---|
![]() | |
Alcume | O Popular |
Nacemento | 31 de outubro de 1838 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Falecemento | 19 de outubro de 1889 e 19 de outubro de 1889 |
Lugar de falecemento | Cascais |
Soterrado | Igrexa de São Vicente de Fora |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | rei, fotógrafo e militar |
Pai | Fernando II de Portugal |
Nai | María II de Portugal |
Cónxuxe | Maria Pia de Saboia |
Fillos | Carlos I de Portugal e Afonso de Bragança, Duque do Porto |
Irmáns | Antónia de Bragança, Maria Ana de Bragança, Princesa da Saxónia, Pedro V de Portugal, Fernando Maria Luís de Bragança, Augusto de Bragança, Duque de Coimbra e João de Bragança, Duque de Beja |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Order of Saint Anna, 1st class, Order of the White Eagle, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Orde da Estrela de Romanía, Ordem de Santo André, Grão-Mestre da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes, Ordem do Redentor e Order of Saint Stephen of Hungary |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Traxectoria Editar
Luís era un home culto, afeccionado a escribir poesía. Con todo, non posuía capacidades políticas, xa que se viu coroado trala morte dos seus dous irmáns Pedro e Fernando en 1861 como consecuencia dunha epidemia de cólera. O reinado de Luís caracterizouse por unha serie de cambios de goberno, formados en diversas ocasións polos liberais e outras polos conservadores. Durante o seu goberno, Portugal devaluouse en relación con outros países europeos en termos de educación, política, estabilidade, progreso tecnolóxico e estabilidade económica. En temas coloniais, a baía de Delagoa confirmouse como posesión portuguesa en 1875 mentres que as actividades belgas no Congo negaban a Portugal un terreo entre Angola e Mozambique.
A pesar dunha filtración coa sucesión española antes da Guerra franco-prusiana de 1870-1871, Luís foi sobre todo un home de ciencia, cunha especial paixón pola oceanografía. Investiu gran parte da súa fortuna en financiar barcos de investigación dedicados a recoller espécimes nos océanos do mundo. Foi o responsable da creación dun dos primeiros acuario do mundo, o Vasco da Gama en Lisboa, que segue aínda aberto ao público, incluíndo unha lura de 10 metros de longo. O seu amor polas ciencias e cousas novas foi pasado aos seus dous fillos.
O matrimonio de Luís e os seus descendentes Editar
Luís I contraeu matrimonio o 6 de outubro de 1862 con María Pía de Savoia (16 de outubro de 1847 - 5 de xullo de 1911), filla de Vítor Manuel II de Italia e María Adelaida de Habsburgo. Eles tiveron dous fillos.
Nome | Nacemento | Morte | Notas |
---|---|---|---|
O Príncipe Carlos | 28 de setembro de 1863 | 1 de febreiro de 1908 | Sucedeuno como Carlos I, o 33º (ou segundo algúns historiadores 34º) Rei de Portugal, asasinado en 1908 polos republicanos. |
Príncipe Afonso Henriques | 31 de xullo de 1865 | 21 de febreiro de 1920 | Duque do Porto. |
Predecesor: Pedro V |
Rei de Portugal 1861 - 1889 |
Sucesor: Carlos I |
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luís I de Portugal |