Luis García Berlanga
Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 13 de novembro de 2010,[1][2] foi un director e guionista de cine español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis García-Berlanga Martí 12 de xuño de 1921 Valencia, España |
Morte | 13 de novembro de 2010 (89 anos) Pozuelo de Alarcón (España) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Pozuelo de Alarcón |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, realizador, guionista, military volunteer (en) |
Período de actividade | 1951 - 2002 |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) segunda guerra mundial guerra civil española |
Familia | |
Fillos | Jorge Berlanga, Carlos Berlanga |
Pai | José García-Berlanga Pardo |
Irmáns | Fernando García-Berlanga Martí |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarDe mozo decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).
Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, é considerado un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.
O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.
En 1986 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore. Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.
Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da música pop dos anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.
Faleceu na súa casa de Madrid aos 89 anos o 13 de novembro de 2010, e foi enterrado en Pozuelo de Alarcón.[3]
Filmografía
editarLongametraxes
editar- Esa pareja feliz (1951). Codirixida con Juan Antonio Bardem
- Bienvenido, Mister Marshall (1953)
- Novio a la vista (1954)
- Calabuch (1956)
- Los jueves, milagro (1957)
- Plácido (1961)
- El verdugo (1963)
- Las pirañas (1967)
- ¡Vivan los novios! (1970)
- Tamaño natural ("Grandeur nature" en francés, 1973)
- La escopeta nacional (1978) Primeira parte da triloxía nacional.
- Patrimonio nacional (1981) Segunda parte da triloxía nacional.
- Nacional III (1982) Terceira parte da triloxía nacional.
- La vaquilla (1985)
- Moros y cristianos (1987)
- Todos a la cárcel (1993)
- París-Tombuctú (1999)
Curtametraxes
editar- Tres cantos (1948)
- Paseo por una guerra antigua (1948). Codirixida con Juan Antonio Bardem, Florentino Soria e Agustín Navarro.
- El circo (1949)
- Se vende un tranvía (1959)
- Las cuatro verdades ("Les quatre vérités" en francés, 1963), episodio La muerte y el leñador
- El sueño de la maestra (2002)
Nomeamentos e premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1994 | Película | Todos a la cárcel | Gañadora |
1994 | Director | Todos a la cárcel | Gañador |
1994 | Guión original | Todos a la càrcel | Candidato |
1988 | Guión orixinal | Moros y cristianos | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1981 | Palma de Ouro | Patrimonio nacional | Candidata |
1970 | Palma de Ouro | ¡Vivan los novios! | Candidata |
1962 | Palma de Ouro | Plácido | Candidata |
1962 | Palma de Ouro | Bienvenido, Mister Marshall | Candidata |
1962 | Guión | Bienvenido, Mister Marshall | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1963 | León de Ouro | El verdugo | Candidata |
1963 | FIPRESCI | El verdugo | Gañadora |
1956 | León de Ouro | Calabuch | Candidata |
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
editarAno | Categoría | Película |
---|---|---|
1951 | Premio Jimeno | Esa pareja feliz |
1953 | Mellor argumento orixinal | Bienvenido, Mister Marshall |
1959 | Mellor argumento orixinal | Los jueves, milagro |
1961 | Mellor director | Plácido |
1963 | Mellor argumento orixinal | El verdugo |
1993 | Mellor director | Todos a la cárcel |
Notas
editar- ↑ "El cineasta Luís García Berlanga muere en Madrid a los 89 años" Arquivado 07 de marzo de 2012 en Wayback Machine., artigo en Radiofusion (en castelán).
- ↑ "Morre realizador espanhol Luis García Berlanga Marti". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2022-12-13.
- ↑ "Luis García Berlanga fallece a los 89 años". El País (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis García Berlanga |
Bibliografía
editar- Franco, Jesús: Bienvenido Mister Cagada, Aguilar, Madrid, 2005. ISBN 84-03-09580-5.
Ligazóns externas
editar- Biografía (en castelán)
- Ficha en IMDb (en castelán)