Luís Carrera Pásaro

político español

Luís Carrera Pásaro, nado en 1949 en Castro de Rei e finado en Vigo en 2014, foi un economista e político galego[1].

Infotaula de personaLuís Carrera Pásaro
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira editar

Licenciouse en Económicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1971 empeza a traballar para o Banco Hispano Americano, co que é destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasa á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acada un posto de subdirector da compañía. En 1987 dá o salto á empresa pública, e convértese en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupará ata 1989.

Nese ano pasa a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupará ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 será director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España[2], aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.

Partido Popular editar

En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación[3]. A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda[4].

Notas editar