Luís Caramés

profesor e economista galego

Luís Antonio Caramés Viéitez, nado en Cerdedo o 21 de setembro de 1949 e finado en Lugo o 6 de xuño de 2021 a causa dun derramo cerebral, foi un profesor e economista galego.[1]

Luís Caramés
Nacemento21 de setembro de 1949
Lugar de nacementoCerdedo
Falecemento6 de xuño de 2021
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático de universidade e economista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela foi catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, da que foi decano. Foi director do Mestrado de Administración Financeira e Tributaria (USC e Ministerio de Facenda). Foi profesor convidado nas universidades de Bordeos e Pau, Católica de Santos, Pontificia de São Paulo e Business School de Curitiba.[2] Tamén dirixiu a Cátedra Bolíbar da USC.[3]

Foi director executivo do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela,[4] membro do Consello Científico do Centro de Estudos Avanzados da USC[5], coordinador científico do Instituto Estudos Económicos Pedro Barrié. Co-editor da revista "Urban Public Economics Review" e membro do consello asesor da revista ‘Hacienda Pública Española’.[6] Pertenceu á comisión nacional para a reforma do Financiamento Autonómico.[7]

Foi académico correspondente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia Galega de Ciencias.[8]

Revista galega de economía, Papeles de economía española, Revista de Economía Pública Urbana = Urban Public Economics Review, Cuadernos de Información económica, Outeiro, son algunhas das publicaciós coas que colaborou ao longo da súa vida académica, ademais dun mangado de libros colectivos.[9]

Despois de xubilarse presidiu o Grupo Colmeiro e a Fundación Belarmino Fernández[10], foi conselleiro territorial de MAPFRE[2] e conselleiro de Adolfo Domínguez.[11]

PublicaciónsEditar

  • La hacienda del municipio de Vigo: perspectiva histórica y situación actual (1979). Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 84-7191-130-2.
  • Los temas actuales de la hacienda pública: discurso inaugural lido na solemne apertura do curso académico 1989-90 (1989). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-555-3.
  • Introducción a la Hacienda local y autonómica (1994). Madrid: Civitas. ISBN 84-470-0304-3.
  • La política de incentivos en Galicia: entre el posibilismo de la teoría y las paradojas de los beneficiarios (2000). A Coruña : Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-78-0.
  • Los efectos del gasto público sobre el crecimiento económico: el caso de comunidades autónomas (2002). Con Santiago Lago Peñas. A Coruña : Instituto de Estudios Económicos de Galicia, Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-9752-003-3.
  • Economía Pública Local (2004). Madrid: Civitas. ISBN 84-470-2284-6.
  • Innovaciones educativas a nivel Universitario, en Formación Profesional y Secundaria: buenas prácticas metodológicas (2010). Con Luis Antonio Caramés Viéitez. Universidad de La Rioja. ISBN 978-84-693-6072-9.

NotasEditar

  1. ECG, Redacción. "Pesar por la muerte del catedrático Luis Caramés tras un derrame cerebral". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  2. 2,0 2,1 "Luis Caramés Vieitez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-06-07. 
  3. "Jornadas sobre Venezuela - Seminarios - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-06-07. 
  4. "O Plan estratéxico aborda a súa última fase - {*titulo}. Concello de Santiago de Compostela". www.santiagodecompostela.gal. Consultado o 2021-06-07. 
  5. "O Centro de Estudos Avanzados avalía a presenza española no exterior". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-06-07. 
  6. Vilar, Olga. "Fallece el catedrático Luis Caramés a consecuencia de un derrame cerebral masivo". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  7. "Fallece el economista y catedrático de la universidad de Santiago Luis Caramés » Galicia" (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  8. "Caramés y el papel del BCE abren el curso en el Arosa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  9. "Luis Antonio Caramés Viéitez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  10. Redacción (2021-06-06). "Fallece el economista Luis Caramés tras un derrame cerebral". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  11. "Luis Caramés Catedrático y Consejero". Improven (en castelán). 2019-01-18. Consultado o 2021-06-07. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar