Luís Borrajo
Luís Borrajo Vázquez, nado en Ourense en 1950 e finado o 15 de decembro de 2005, foi un escultor galego que levou a cabo toda a súa produción nun estudio situado na localidade ourensá de Vilardevós.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Ourense, España |
Morte | 15 de decembro de 2005 (54/55 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Movemento | Construtivismo |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria editar
Formado en Madrid na tradición construtivista das vangardas históricas. Nos inicios amosa puntos de encontro cos aceiros de Anthony Caro e Eduardo Chillida. Porén, a partir dos anos 80 comeza a empregar a madeira, creando imaxes e aveños da antropoloxía material do labrego galego. O finais dos anos 80 volve ao aceiro industrial.
Borrajo cultivou especialmente a escultura monumental de obra pública[1]. Del salientaron os críticos o seu rigor técnico no dominio da fundición, o corte e a soldadura dos metais. Cualificárono como "un dos representantes da escultura como construción e espazo social, herdeiro dunha tradición que iría de Malevich a Oteiza e Chillida, pasando por Caro, que incorpora o aceiro industrial asociado á estrutura xeométrica da madeira"[2]. Salienta o interese de Borrajo polo concepto espacial e a pluralidade de ángulos, o achegamento e o acoplamento de láminas de aceiro oxidado.
Notas editar
- ↑ La escultura como espacio social Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine.. En La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2015.
- ↑ Castro, Antón. Proxecto editorial Galicia. Hércules Ediciones. A Coruña.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Borrajo |
Bibliografía editar
- Fernández Cid, Miguel; Castro, Xosé A. Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia, 1992. Catálogo de exposición.
Ligazóns externas editar
- Fallece el escultor ourensano Luis Borrajo, autor de importantes obras públicas y privadas. La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2005.
- Gallego Esperanza, Mercedes. Las esculturas de Luís Borrajo. En www.mercedesgallego.es