Lourdes Maceiras
Lourdes Maceiras García, nada en Barcelona o 29 de outubro de 1955, é unha profesora e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1955 (69 anos) Barcelona, España |
Formación profesional | Medicina e cirurxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Narrativa |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Santiago de Compostela.[1] Licenciada en Medicina e Cirurxía, doutora en Medicina e Cirurxía (Doutoramento en Medicina Preventiva e Saúde Pública, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, máster en Saúde Pública, máster en Administración e Xestión Sanitaria, máster en Deseño de Investigacións e Estatística en Ciencias da Saúde, máster en Educación para a Saúde, máster en Nutrición e Dietética.[2]
É profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo,[3] Facultade de Fisioterapia. Tamén directora da revista Salud Pública y Educación para la Salud e presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX).
Obras
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- O torque de ouro (1989). Vía Láctea. ISBN 978-84-86531-51-5. Reeditada en Tambre (2006) como O torques de ouro. ISBN 9788488681720.
- Rabibranca (1991). Edelvives. ISBN 978-84-263-2168-8 .
- Nos xardíns (1994). Xunta de Galicia. Ilustracións de Manolo Uhía.
- A pantasma da torre (2002). Xerais. Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ''LECTURAS'' (modalidade ilustración) GALIX. 2ª ed. 2010, ISBN 978-84-9782-660-0.
Saúde
editar- Ambiente e saúde, 1995, Asociación Galega de Educación para a Saúde. ISBN 8492117605.
Obras colectivas
editar- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- Acción titorial, transversalidade e resolución de conflictos, 2001, Universidade de Santiago de Compostela.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Arco da vella, 2005.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Tres blues e un rap, 2008, GALIX/Xunta de Galicia.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
Notas
editar- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Maceiras García, María Lourdes – Facultade de Fisioterapia". Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-23.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Videoteca de Lourdes Maceiras na AELG