Louis Seymour Bazett Leakey, nado en 1903 e finado en 1972, foi un paleantropólogo británico. As súas investigacións foron importantes para establecer o o desenvolvemento da evolución humana en África.

Louis Leakey
Nome completoLouis Seymour Bazett Leakey
Nacemento7 de agosto de 1903
Lugar de nacementoNairobi
Falecemento1 de outubro de 1972
Lugar de falecementoLondres
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeKenya
EtniaPobo inglés
Alma máterSt John's College e Weymouth College
Ocupaciónantropólogo, arqueólogo, prehistoriador, autobiógrafo, paleoantropólogo, paleontólogo e conservador
PaiHarry Leakey
NaiMary Bazett
CónxuxeMary Leakey e Henrietta Leakey
FillosRichard Leakey, Philip Leakey, Jonathan Leakey, Priscilla Muthoni Avern Leakey e Colin L. A. Leakey
PremiosMedalha Vega, Founder’s Medal, Medalha Prestwich, Hubbard Medal e Silliman Memorial Lectures
Na rede
WikiTree: Leakey-12
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Kenya, educado con africanos aprendeu a falar kikuyu case ao tempo que o inglés. Aos 13 anos descubriu ferramentas de pedra e comezou a desenvolver a paixón pola prehistoria, graduouse na Universidade de Cambridge en 1926. Descubriu moitos esqueletos humanos e protohumanos na Garganta de Olduvai e na Illa Rusinga. Entre os seus descubrimentos está o Zinjanthropus (1959), chamado posteriormente Paranthropus boisei, e o do Homo habilis.

Outro dos legados de Leakey foi a comprensión que o estudo dos primates no seu hábitat natural era a chave para comprender os misterios da evolución humana. Leaky elixiu tres investigadoras, Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas.

Louis Leakey casou con Mary Leakey, quen fixo quizais o máis importante descubrimento da época paleolítica, as pegadas de Laetoli, que estableceron o a datación máis antiga do bipedismo.

Tamén foi o pai do paleoantropólogo Richard Leakey