Laetoli é un sitio paleontolóxico que se localiza a 45 km ao suroeste da garganta de Olduvai, en Tanzania, próximo ao Parque Nacional do Serengeti.

Modelo:Xeografía físicaLaetoli
Imaxe
(2006)
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDistrito de Ngorongoro, Tanzania e Rexión de Arusha, Tanzania Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°59′46″S 35°21′09″L / -2.99622, 35.3524
Características
Monumento protexido de Tanzania
Historia
Período de tempoPlio-Pleistocene (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

En 1978 Mary Leakey atopou pisadas de homínidos dunha antigüidade de 3,7 millóns de anos. Tres homínidos camiñaran cara ao norte, e deixaran cos seus pés pisadas moi ben definidas na cinsa volcánica, que por mor da chuvia se convertera en lama, procedente dunha das erupcións do volcán Sadiman, situado a vinte quilómetros. Dous homínidos ían por diante e outro seguíaos pisando nas súas pegadas, polo que ás veces se fai difícil seguir o seu trazado. As pisadas demostran que camiñaban erguidos habitualmente, de igual xeito a como o fai un humano moderno. O segundo homínido é moito máis pequeno, seguramente unha femia ou unha cría.

homínido 1 homínido 2
longo da pisada21,5 cm18,5 cm
largo da pisada10 cm8,8 cm
alancadas47,2 cm28,7 cm
reconstrución da altura1,34-1,56 m1,15-1,34 m

No mesmo sitio descubríronse restos de mandíbulas e dentes, presumiblemente de Australopithecus afarensis. Tamén se descubriron pisadas doutras vinte especies animais: hienas, babuínos, xabarís, xirafas, gacelas, rinocerontes etc.