Mary Leakey
Mary Leakey ou Mary Douglas Nicol cando solteira, nada o 6 de febreiro de 1913 e finada o 9 de decembro de 1996, foi unha antropóloga británica que, xunto con outros investigadores, descubriu na illa de Rusinga, o primeiro resto fósil, un cranio, dun antepasado do simio (un exemplar de Procónsul, extinguido no Mioceno).
Mary Leakey | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1913 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 9 de decembro de 1996 |
Lugar de falecemento | Nairobi |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Ocupación | antropóloga, arqueóloga, prehistoriador, paleoantropóloga, bióloga e paleontóloga |
Cónxuxe | Louis Leakey |
Fillos | Richard Leakey, Philip Leakey e Jonathan Leakey |
Premios | Medalha Prestwich, Elizabeth Blackwell Award, Hubbard Medal, Membro da Academia Britânica, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Gold Medal of the Society of Woman Geographers |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Filla dun pintor paisaxista, pasou a súa mocidade en Francia, en 1926 volveu a Londres e en 1930 realizou un curso universitario de arqueoloxía e xeoloxía. Coñeceu a Louis Leakey en 1933 en Cambridge, e casou con el en 1936. Traballou en colaboración co seu home na garganta de Olduvai gran parte da súa carreira, descubrindo ferramentas e fósiles de antigos homínidos. Famosa tamén por descubrir en 1978 as pegadas de dous Australopithecus afarensis, fosilizadas en Laetoli, Tanzania. O seu fillo, Richard Leakey, é igualmente un paleontologo brillante.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)