Los de Adentro
Los de Adentro é un grupo musical colombiano de rock latino conformado en Barranquilla, en 1994. Comezaron chamándose Kaoz, e están integrados por Joe Carvajal (voz), Johan Daccarett (teclado) e Eliuth Martínez (guitarra).
Los de Adentro | |
---|---|
Orixe | Barranquilla, ![]() |
Período | 1994-presente |
Xénero(s) | EMI Sony Music |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music Sony Music |
Membros | Joe Carvajal Eliuth Martínez Johann Daccarett |
Antigos membros | Francisco Foschi Juan Camilo Dávila Bryan Visbal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Déronse a coñecer en Bogotá tocando en bares cando aínda eran estudantes da Universidade Piloto de Colombia. Despois dun tempo decidiron gravar un demo que lles reportou máis recoñecemento. En 1995, participaron no Festirock do Caribe e gañaron o galardón como Mellor Grupo de Rock. A banda fíxose popular e foi convidada á fiesta que MTV Latinoamérica organizou en Cartaxena de Indias en 1996. En 1999 cambiaron o seu nome por Los de Adentro, e ese mesmo ano gravaron un álbum homónimo, producido por Dennis Murcia, executivo e produtor de Sony Music. Este álbum contén o tema Una canción, polo cal son máis coñecidos. Catro meses despois de lanzar Una canción como sinxelo promocional, realizaron varias xiras. No ano 2001, cando remataron a produción do seu segundo álbum, Como un niño,decidiron disolverse por mor dos moitos problemas xerados entre eles.
Tempo despois, decidiron reunirse de novo, pero só Eliuth Martínez, Johan Daccarett e Joe Carvajal acabaron gravando un novo álbum, titulado Volver amar, no cal destacan cancións como Nubes negras, No más ou Tú y yo. Ó rematar o traballo con este álbum, Joe Carvajal decidiu por motivos persoais comezar a súa carreira como solista.
En 2008, presentaron un novo vocalista, Bryan Visbal, mantendo o mesmo estilo que os caracterizou. A súa produción discográfica (con Universal Music Group) chamouse Se apaga el silencio, que inclúe o sinxelo Dime que sí, e o tema Quiero amarte. A finais de 2010, Bryan Visbal decidiu comezar unha carreira en solitario.
En 2013 o vocalista Joe Carvajal regresou á banda grazas a unha invitación para tocar en Australia, e lanzaron un novo sinxelo Bajo el cielo azul. O 30 de maio de 2014 abriron os concertos de Los toreros muertos no Downtown Majestic de Bogotá.
DiscografíaEditar
Título | Data de lanzamento | Discográfica |
---|---|---|
Los de Adentro (Colombia) | 1999 | Sony Music |
Cómo un niño (Colombia) | 2001 | Sony Music |
Volver Amar (Colombia) | 2004 | Sony Music |
Se apaga el silencio (Colombia) | 2008 | Universal Music |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |