Los Motores
Los Motores é unha banda de hard rock galega procedente de Vigo e formada no ano 1991.
Los Motores | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 1990-presente |
Xénero(s) | heavy metal, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | EMI, DRO, Clave Records, Romilar-D, Edigal, Vitamina Records, Pies Records |
Membros | Carlos del Río Gonzalo del Río Toni Lápidas Carlos Rivas |
Antigos membros | Manolo Arias Tytto Rodd Marcos Leyenda Antonio Amblés Miguel González Gerardo Fernández |
Na rede | |
http://losmotores.es |
Historia
editarA banda formárona no ano 1990 Antonio Amblés (voz), Toni Lápidas (guitarra), os irmáns Gonzalo (baixo) e Carlos del Río (guitarra e voz) e Miguel González (batería). Todos eles proviñan xa doutras bandas da escena viguesa como Los Cafres, Último aviso ou Desertores. Ese mesmo ano foron fichados polo selo DRO e gravaron o seu álbum de estrea, Si quieres un amigo cómprate un perro, producido por Alberto Torrado.[1]
Tras a publicación do disco a banda comezou unha xira con Sleepy Labeef, Deltonos e Aerolíneas Federales. Grazas á xira o representante de Barricada fichounos tocando con eles ne xira do seu disco Por instinto.[1]
No ano 1992 gravaron o seu segundo traballo, Atrapado en esta piel, publicado polo selo Romilar-D Records. Neste traballo o guitarrista Carlos del Río encargouse das voces.[1]
Toni Lápidas deixou o grupo e incorporáronse Marcos Leyenda (guitarra) e Tytto Rodd (batería). Coa nova formación gravaron o seu terceiro álbum, Noche de lobos, editado polo selo galego Edigal en 1996. Posteriormente a banda saíu de xira con grupos como Extremoduro, Koma, Barón Rojo e Platero y Tú.[1]
O seu seguinte disco gravouse no Océano Estudio co produtor Javier Abreu. Un día perfecto foi publicado en 1997 a través do selo Clave Records. O guitarrista Manolo Arias (Niágara, Muro, Atlas) incorporouse a Los Motores tras o lanzamento o grupo tocou con artistas como Barón Rojo, Soziedad Alkohólika, Obús ou Rosendo Mercado.[1]
En 1999 Manolo Arias e Tytto Rodd abandonaron Los Motores. Miguel González, o batería orixinal, regresou á banda, e xunto cos irmáns del Río gravaron o disco Hombres hormiga no que colabora El Drogas de Barricada.[1]
Gonzalo del Río deixou a banda pouco despois e Los Motores disolveuse durante un tempo. En 2001 Carlos del Río recrutou algúns músicos locais e publicou o álbum Del mal nadie se libra a través do selo Pies Records. O grupo saíu de xira con Muro e en 2003 publicou o seu directo Más Vivo... Más Alto... Más Fuerte... , gravado na sala Anoeta de Vigo. Posteriormente Los Motores permaneceron inactivos ata o ano 2010.
En 2010 uniuse o guitarrista Gerardo Fernández. Coa nova formación a banda publicou Caníbal de lo ajeno en xaneiro de 2014 a través do selo Vitamina Records. Na presentación do disco na sala Máster de Vigo aproveitaron para gravar o vivo En Vigo y en directo no que colaboraron Sherpa de Barón Rojo, Manolo Arias, Pacho Brea, e Óscar de Lujuria.[1]
Toni Lápidas regresou a Los Motores e en setembro de 2015 a banda comezou a gravar o disco Rotos por las costuras, publicado a comezos de 2016 a través de Edigal.[1]
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Si quieres un amigo cómprate un perro | 1990 | DRO |
Atrapado en esta piel | 1992 | Romilar-D Records |
Noche de lobos | 1996 | Edigal |
Un día perfecto | 1997 | Clave Records |
Hombres hormiga | 1999 | Vitamina Records |
Del mal nadie se libra | 2001 | Pies Records |
Caníbal de lo ajeno | 2014 | Vitamina Records |
Rotos por las costuras | 2016 | Edigal |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Historia". Los Motores. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2018.