Los Cafres foi unha banda de punk rock galega formada no ano 1984 procedente de Teis, Vigo.

Los Cafres
OrixeVigo, Galiza Galicia
Xénero(s)punk rock, garage rock, powerpop
Selo(s) discográfico(s)DRO
MembrosAntonio Ambles
Pablo Ramallo
Carlos Barreiro
Billy Domínguez
Toni Lápidas
Na rede
Musicbrainz: 01310625-d639-4377-afc2-c495f3188b33 Discogs: 3174868 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

O seu guitarrista Pablo Ramallo era insubmiso, feito que complicou bastante a traxectoria da banda ao non poder anunciar os seus concertos por medo a que fose detido pola Policía Militar.

O guitarrista Toni Lápidas tivo que deixar a banda unha semana antes da gravación do único disco da banda por enfermidade grave do seu fillo. O álbum, S.F. 13 Tractor Cerebral, foi lanzado no ano 1988 polo selo DRO e producido por Alberto Torrado, membro de Siniestro Total e Os Resentidos. Tratábase dun disco cru e ruidoso, no que destacaba o tema "Soy una alimaña", que chegou a contar cun videoclip que foi emitido por Televisión Española.[1] Este tema sería versionado en directo por Siniestro Total no seu álbum Cultura Popular.

Finalmente Ramallo sería detido pola Policía Militar e entraría no cárcere, chegando a facerse concertos de Siniestro Total para recadar fondos para axudalo.

Despois da desaparición de Los Cafres Antonio Amblés foi a voz de Los Motores e representante da banda Kannon, ademais de facer aparicións esporádicas con Siniestro Total. Ademais, mentres Los Cafres continuaba en activo participou dos inicios de Def Con Dos na banda Freddy Krueger y los Masters del Universo, que facía versións de Public Enemy e Beastie Boys.

Toni Lápidas tamén chegou a formar parte de Los Motores. A principios da década dos 2000 formou unha banda chamada Familia Waco con Gonzalo del Ría (ex-baixista dos Motores) e Checho Vázquez (o actual vocalista de Malkeda). Posteriormente Toni e Gonzalo formarían o grupo Arponeros, co que editaron un álbum, Nueve días de arte y ensayo, co produtor Javier Abreu, onde versionan os temas de Los Cafres "Soy una alimaña" e "Algún día caeré".

O batería Billy Domínguez formaría en 1994 a banda Killer Barbies xunto con Silvia Superstar, ex-compoñente de Aerolineas Federales.

Membros

editar
  • Antonio Ambles: voz
  • Pablo Ramallo: baixo-guitarra
  • Toni Lápidas: guitarra
  • Carlos Barreiro (Yogui): baixo
  • Billy Domínguez: batería

Discografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar