Loriot

Actor alemán

Bernhard-Viktor Christoph-Carl von Bülow, coñecido como Vicco von Bülow ou Loriot, nado o 12 de novembro de 1923 en Brandenburg an der Havel e finado o 22 de agosto de 2011 en Ammerland, foi un caricaturista e humorista alemán.

Loriot
Nome completoBernhard-Viktor Christoph-Carl von Bülow
Alcume/outrosLoriot
Nacemento12 de novembro de 1923
LugarBrandenburg an der Havel
Falecemento22 de agosto de 2011
LugarAmmerland (Münsing)
SoterradoFriedhof Heerstraße
NacionalidadeAlemaña
Educado enEberhard-Ludwigs-Gymnasium e Escola Superior de Belas Artes de Hamburgo
PaiJohann-Albrecht von Bülow
Profesiónhumorista, debuxante de banda deseñada, actor, escritor, guionista, artista de cabaret, actor de cinema, actor de televisión, presentador de televisión, caricaturista, humorista, debuxante, escenógrafo, diseñador de vestuario, realizador e director de cinema
Na rede
http://www.loriot.de/ e https://www.loriot.de/
IMDB: nm0902086 Allocine: 405186 Rottentomatoes: celebrity/vicco_von_bulow Allmovie: p701810
Spotify: 0x0h4zGPsRE09pMbWxY5Kj iTunes: 14422320 Musicbrainz: a9f15e48-42cd-4778-a344-61f0a4d3dce2 Discogs: 491150 Allmusic: mn0001966101 Find a Grave: 75353431 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O escudo de armas da familia von Bülow co característico vichelocrego, loriot en francés, sobre o helmo.

Traxectoria editar

Lorient procedía dunha antiga familia da nobreza de Mecklemburgo, os Bülow que tiñan a súa orixe en Rehna. Seu pai era o oficial de policía Johann-Albrecht Wilhelm von Bülow (1899–1972) e súa nai Charlotte Mathilde Louise (co apelido de solteira von Roeder 1899-1929). Divorciáronse en 1928 cando el tiña cinco anos.

Von Bülow foi vivir dende 1927 co seu irmán máis novo cas da súa avoa e bisavó en Berlín ata que en 1933 se fai cargo deles seu pai, que casara de novo un ano antes. Entre 1934 e 1938 foi a un instituto de Zehlendorf, nas proximidades de Berlín[1]. En 1938 o pai coa familia foi residir a Stuttgart, e Bernhard continuou os seus estudos nun instituto local ata o deixar en 1941. Neses anos tamén actuou como extra en ópera e teatro, e ademais apareceu no filme de 1940 Friedrich Schiller – Der Triumph eines Genies[2].

Seguindo a tradición familiar escolleu a carreira militar como oficial e estivo tres anos coa terceira división Panzer na Fronte Oriental e polas súas accións distinguírono coa Cruz de Ferro de segunda e primeira clase, chegando a acadar o grao de tenente primeiro.

Logo da guerra traballou durante un ano como leñador en Solling para ter acceso á cartilla de racionamento[3] e en 1946 completou nun instituto de Northeim os estudos secundarios. Seguindo o consello de seu pai estudou entre 1947 e 1949 pintura e artes gráficas na Universidade de Belas Artes de Hamburgo.

Humorista gráfico editar

Tras graduarse Bülow traballou como artista comercial e comezou a deseñar o que despois se converterían nos seus personaxes característicos. A partir de 1950 traballou como humorista gráfico, primeiro para a revista de Humburgo, Die Straße e despois para o semanario Stern, foi entón cando adoptou o pseudónimo artístico de Loriot.

A súa primeira serie regular en Stern foi Auf den Hund gekommen en 1953, no que troca o papel de homes e cans. A serie provocou reaccións contrarias por parte de moitos lectores, ameazando con cancelar as súas subscricións. Henri Nannen, o entón redactor xefe puxo fin á serie logo de nove entregas [4]. Logo da súa cancelación ningún editor alemán estaba interesado en imprimir a serie como libro, mais por consello dun amigo enviou os debuxos ao editor suízo Daniel Keel, propietario da editorial Diogenes e que ata entón só publicara unha obra, que o editou en 1954 so o título de Auf den Hund gekommen: 44 lieblose Zeichnungen. Así comezou unha colaboración duradeira, Loriot publicou ao longo da súa vida case en exclusiva con Keel.

En 1953 Stern lanzou un suplemento infantil, Sternchen e Loriot colaborou coa serie Reinhold das Nashorn, inicialmente cunha duración prevista de dous meses pero que durou 17 anos[5].

En decembro de 1953 comezou a colaborar coa revista ilustrada Weltbild, pero as súas contribucións a miúdo non eran ben recibidas, quedando sen publicar ou duramente criticadas polos lectores e en agosto de 1955 o director Diedrich Kenneweg despediuno[6].

A partir de xaneiro de 1956 traballou para o semanario Quick, alí publicou entre outubro de 1956 e decembro de 1957 a serie Der Gute Ton, que se publicou como libro en 1957 co título Der gute Ton: Das Handbuch feiner Lebensart in Wort und Bild. Dende setembro de 1957 publicou alternativamente co seu amigo Manfred Schmidt a columna Der ganz offene Brief, na que se presentaban satiricamente os temas de actualidade, novas curiosas e abominacións privadas acompañadas dun debuxo[6] e que se mantivo ata que en agosto de 1961 ao se referir na súa centésima carta (brief) a unha nova aparecida en Spigel que informaba que o viño se podía tratar en Alemaña con auga azucrada, dióxido de carbono e ferrocianuro de potasio e Loriot comentou que seguindo a antiga tradición familiar tamén se ía engadir unha uva no bocoi. A redacción encheuse de cartas de irados viticultores e Loriot anunciaba o remate da súa colaboración na 102ª carta, ademais participou nunha campaña da Haus des Deutschen Weines [7].

 
Loriot en 1971

Dende mediados da década de 1950 co aumento da súa popularidade realizou diversas campañas publicitarias protagonizadas por el ou polos seus personaxes. En 1962 deseñou a portada do primeiro número da revista satírica pardon.

 
Loriot realizando unha lectura pública de Loriots dramatische Werke en Dormund

Televisión editar

Entre 1967 e 1972 presentou o programa de televisión Cartoon da Süddeutscher Rundfunk dedicado á emisión de debuxos animados pero na que Loriot foi asumindo cada vez máis protagonismo. En 1971 creou Wum unha mascota para Aktion Sorgenkind no programa concurso da ZDF, Drei mal Neun , á que tamén lle daba voz, e que acabou por se converter nunha figura moi popular, ocupando un lugar destacado as súas cancións, e así no Nadal de 1972 o sinxelo "Ich wünsch mir 'ne kleine Miezekatzee" encabezou as listas de éxitos alemás durante nove semanas. A partir de 1974 Wum apareceu no programa sucesor Der Große Preis, que se mantivo ata 1993, e tamén en 1974 realizou para a Süddeutsche Rundfunk un programa especial por mor da visita da raíña Isabel a Alemaña, que anticipou moitas das características que logo apareceron nos sketchs dos seis episodios da serie Loriot producida para Radio Bremen e que se emitiu entre 1976 e 1978 e que contaba con Evelyn Hamann como copresentadora e que ademais incluía debuxos animados. A serie foi moi popular en Alemaña, con múltiples redifusións.

Actividade musical editar

Amante da música clásica e da ópera, realizou unha versión narrativa da suite musical O carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns que presentou co Scharoun Ensemble, grupo de música de cámara composto por músicos da Berliner Philharmoniker. Como director dirixiu as óperas Martha (Stuttgart, 1986) e Der Freischütz (Ludwigsburg, 1988). En 1992 realizou unha versión narrativa do ciclo de Wagner Der Ring des Nibelungen, co título de Der Ring an 1 Abend e que tivo estrea no Nationaltheater Mannheim.

Cine editar

Ligado ao mundo do cine con pequenos papeis nos filmes de Bernhard Wicki Die Brücke (1959) e Das Wunder des Malachias (1961); así como no filme bélico de Andrew Marton The Longest Day (1962), que contou tamén coa participación de Bernhard Wicki. Loriot tamén escribiu, dirixiu e protagonizou dous filmes, o primeiro foi Ödipussi en 1988 ao que lle seguiu en 1991 Pappa ante portas. Os dous tiveron como protagonista feminina a Evelyn Hamann e contaron coa produción de Horst Wendlandt. O primeiro filme foi un grande éxito de público, con 4.612.801 espectadores só na República Federal[8] e estrea o mesmo día, 9 de marzo, en Berlín Oriental (ás 17:00) e en Berlín occidental (ás 20:00)[9]. O segundo filme foi tamén un éxito, con 3.544.377 entradas vendidas.

Libros editar

  • Reinhold das Nashorn. Blüchert, Stuttgart 1954
  • Auf den Hund gekommen. Diogenes, Zürich 1954
  • Unentbehrlicher Ratgeber für das Benehmen in feiner Gesellschaft. Bärmeier & Nikel, Frankfurt am Main 1955 .
  • Glücklich auf den Leim gegangen, 2 Fachleute verraten 20 bewährte Liebestricks, con Egon Jameson. Bärmeier & Nikel, Frankfurt am Main 1956
  • Wie wird man reich, schlank und prominent? Ein reich bebildertes Lehrbuch, con Egon Jameson, Corey Ford, Bärmeier & Nikel, Frankfurt am Main 1956
  • Wie gewinnt man eine Wahl? Ein erschöpfender Leitfaden f. Wähler u. Politiker aller Parteien. Bärmeier & Nikel, Frankfurt am Main 1957
  • Der gute Ton. Diogenes, Zürich 1957
  • Der Weg zum Erfolg. Diogenes, Zürich 1958
  • Wahre Geschichten erlogen von Loriot. Diogenes, Zürich 1959
  • Für den Fall …. Diogenes, Zürich 1960
  • Umgang mit Tieren. Diogenes, Zürich 1962
  • Nimm’s leicht. Diogenes, Zürich 1962
  • Loriots Wegweiser zum Erfolg. Ullstein, Frankfurt am Main / Berlin 1963
  • Der gute Geschmack. Diogenes, Zürich 1964
  • Neue Lebenskunst in Wort und Bild. Diogenes, Zürich 1966
  • Loriots großer Ratgeber. Diogenes, Zürich 1968
  • Loriots Tagebuch. Diogenes, Zürich 1970
  • Loriots kleine Prosa. Diogenes, Zürich 1971
  • Loriots kleiner Ratgeber. Diogenes, Zürich 1971
  • Loriots heile Welt. Diogenes, Zürich 1973
  • Menschen, die man nicht vergisst. Diogenes, Zürich 1974
  • Loriots Wum und Wendelin. Diogenes, Zürich 1977, ISBN 3-257-00963-1.
  • Loriots Mini-Ratgeber. Diogenes, Zürich 1980, ISBN 3-257-79024-4.
  • Die Ehe für Anfängerinnen. Diogenes, Zürich 1981, ISBN 3-257-00676-4.
  • Loriots dramatische Werke. Diogenes, Zürich 1981, ISBN 3-257-01650-6.
  • Möpse & Menschen. Eine Art Biographie. Diogenes, Zürich 1983, ISBN 3-257-01653-0.
  • Peter und der Wolf. Ein musikalisches Märchen von Serge Prokofieff. Con Bildern von Jörg Müller. Aarau, Frankfurt/M., Salzburg: Sauerländer 1985, ISBN 3-7941-2724-2.
  • Szenen einer Ehe. Diogenes, Zürich 1986, ISBN 3-257-51008-X.
  • Loriots kleines Tierleben von B bis Z. Diogenes, Zürich 1986, ISBN 3-257-79025-2.
  • Loriots kleines Buch der Katastrophen. Diogenes, Zürich 1987, ISBN 3-257-79023-6.
  • Loriot. Diogenes, Zürich 1988, ISBN 3-257-02045-7.
  • Loriots Ödipussi. Diogenes, Zürich 1988, ISBN 3-257-01762-6.
  • Pappa ante portas. Diogenes, Zürich 1991, ISBN 3-257-01886-X.
  • Herren im Bad. Diogenes, Zürich 1997, ISBN 3-257-02060-0.
  • Enkel für Anfänger. Diogenes, Zürich 1998, ISBN 3-257-00794-9.
  • Große Deutsche. Diogenes, Zürich 1998, ISBN 3-257-02067-8.
  • Das Frühstücksei. Diogenes, Zürich 2003, ISBN 3-257-02081-3.
  • Herzliche Glückwünsche. Ein umweltfreundliches Erzeugnis. Diogenes, Zürich 2005, ISBN 3-257-51004-7.
  • Gesammelte Prosa. Diogenes, Zürich 2006, ISBN 3-257-06481-0.
  • Bitte sagen Sie jetzt nichts. Gespräche.. Diogenes, Zürich 2011, ISBN 978-3-257-06787-3.

Notas editar

  1. Leo Morsch: "„Vicco von Bülow, genannt Loriot, Nachruf auf einen ehemaligen Schüler“". 28 de marzo de 2019. Archived from the original on 17 de decembro de 2013. Consultado o 06 de xullo de 2019. 
  2. Hans-Michael Bock e Tim Bergfelder (2009) The Concise Cinegraph: Encyclopaedia of German Cinema New York:Berghahn Books, p. 249
  3. Axel Gödecke: Loriot drückte die Schulbank auf dem Northeimer Gymnasium Corvinianum. In: Hannoversche Allgemeine, 23 de agosto de 2011.
  4. Alexander Kühn: Loriot: „Mein Arzt sagt: Sie haben gar nichts - Sie sind alt.“. Stern, 25 de abril de 2009
  5. Kai Posmik: Als Loriot auf die Hunde kam.eines Tages, 23 de agosto de 2011.
  6. 6,0 6,1 Der ganz offene Brief. Herausgeber: Susanne von Bülow, Peter Greyer, OA Krimmel. Hoffmann und Campe, Hamburg 2014, ISBN 978-3-455-40514-9, pp. 6–8.
  7. Der ganz offene Brief. Herausgeber: Susanne von Bülow, Peter Greyer, OA Krimmel. Hoffmann und Campe, Hamburg 2014, ISBN 978-3-455-40514-9, pp. 211–229.
  8. "Die erfolgreichsten deutschen filme seit 1963", insidekino
  9. "Der Faun und sein Wunschtraum. Interview mit Loriot über Komik, Umgangsformen und Filme". Der Spiegel, 7 de marzo de 1988