Lorenzo Pérez

futbolista español
(Redirección desde «Lorenzo Pérez García»)

Lorenzo Pérez García, coñecido como Loren, nado en Ronda o 23 de outubro de 1933, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e militou principalmente no Sevilla FC.

Loren
Información persoal
Nome Lorenzo Pérez García
Nacemento 23 de outubro de 1933
Lugar de nacemento Ronda
Altura 1,78 m.
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Algeciras
1952–1960 Sevilla 97 (43)
1958–1959 Granada 23 (5)
1960–1963 Mallorca 28 (5)
1963–1965 Algeciras 28 (6)
1966 Balompédica Linense
Selección nacional
1954 España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras xogar no Algeciras, debutou na Primeira División con 19 anos nas filas do Sevilla. Foi na xornada 26 da tempada 1952/53, contra o Racing de Santander no Sardinero, partido no que marcou o seu primeiro gol. Foi titular nas catro xornadas restantes, nas que marcou outros catro goles, incluído un triplete contra o Celta de Vigo no estadio de Nervión.

Militou no Sevilla ata 1960, marcando 49 goles nos seus 109 partidos oficiais. Na tempada 1958/59 foi cedido ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní foron traspasado ao club granadino e Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla.[1]

En 1960 fichou polo RCD Mallorca, onde xogou ata 1963, cando regresou ao Algeciras. Xogou as últimas xornadas da tempada 1965/66 coa Real Balompédica Linense, xogando a promoción de ascenso a Segunda, onde caeron eliminados contra o Plus Ultra.[2]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección española nun partido amigable contra o Stuttgart en 1954.

Notas editar

  1. "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán) (11694). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  2. Almagro, Rubén (26 de xuño de 2020). "El fútbol se rinde a Loren". Europa Sur (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar