Gilberto Navarro Peidró
Gilberto Navarro Peidró, nado en Alcoi o 27 de novembro de 1935 e finado en Granada o 31 de xaneiro de 2019, foi un futbolista español, que xogaba como dianteiro.
Gilberto Navarro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gilberto Navarro Peidró | ||
Nacemento | 27 de novembro de 1935 | ||
Lugar de nacemento | Alcoi | ||
Falecemento | 31 de xaneiro de 2019 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1955–1956 | España de Tánxer | 14 | (3) |
1956–1958 | Granada | 60 | (29) |
1958–1960 | Sevilla | 7 | (4) |
1960–1962 | Mallorca | 19 | (5) |
1962–1964 | Granada | 25 | (10) |
Selección nacional | |||
1958 | España B | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarDebutou como profesional no España de Tánxer, durante a tempada 1955/56 da Segunda División. Na seguinte campaña pasou ao Granada, onde tivo como adestradores aos galegos Álvaro e Pasarín. Anotou 21 goles en liga, sendo ese ano o terceiro máximo anotador da Segunda División, só por detrás de Araujo e Antonio Pedrero. Os seus goles contribuíron a que o equipo se proclamase campión e ascendese á Primeira División por segunda vez na súa historia. Xa na máxima categoría, foi titular en case todos os partidos da tempada e marcou 8 goles.
En 1958 foi traspasado ao Sevilla, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní pasaron a ser xogadores do Granada CF, e na que entrou tamén Loren, cedido ao club granadino.[1] Co Sevilla disputou só sete encontros de liga e un da Copa do Xeneralísimo, marcando catro goles, tres deles nun triplete contra o Valladolid. Tras xogar dous anos no Mallorca, regresou na tempada 1962/63 ao Granada, de novo en Segunda, e co que marcou 9 goles en 21 partidos. Na súa última campaña como futbolista profesional (1963/64), xa só xogou catro partidos, marcando un gol.
Selección nacional
editarFoi internacional coa selección española B, coa que disputou a Copa Mediterránea en 1958.[2]
Vida persoal
editarFoi pai de Gilberto Navarro Ortiz, tamén dianteiro de fútbol e que xogou tamén varias tempadas no Granada.
Notas
editar- ↑ "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 1 de xuño de 2021.
- ↑ "Fallece Gilberto Navarro, jugador sevillista entre 1958 y 1961" (en castelán). 4 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).