Juan Araujo Pino
Juan Araujo Pino, nado en La Carolina (Xaén) o 24 de novembro de 1920 e finado en Sevilla o 4 de novembro de 2002, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1920 La Carolina, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de novembro de 2002 (81 anos) Sevilla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1943 - 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira no equipo afeccionado do Sevilla, saíndo cedido en 1943 ao Xerez. Militou dúas tempadas no club xerezano, proclamándose as dúas veces máximo goleador da Segunda División, con 21 e 22 goles respectivamente.[1]
De volta no Sevilla debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1945/46 contra o Hércules no estadio Bardín, e marcou o seu primeiro gol na seguinte xornada, fronte ao Celta de Vigo no estadio de Nervión. Marcou 11 goles esa tempada, e o último deles, na derradeira xornada contra o FC Barcelona, deulle ao club sevillano o primeiro e único título de liga da súa historia. A continuación marcou aínda tres goles máis na Copa do Xeneralísimo, dous deles na histórica goleada por 8-0 contra o Barcelona e outro no 6-3 contra o Atlético Aviación.[2]
Na súa segunda tempada co Sevilla marcou 21 goles en liga, sendo só superado por Zarra e Pruden, e na seguinte proclamouse campión da Copa. Militou once tempadas seguidas no club sevillista, sendo na maioría delas o máximo goleador do equipo. Disputou 242 partidos oficiais, nos que logrou 159 goles, o que sitúa no terceiro lugar da táboa de máximos goleadores da historia do club, só por detrás de Campanal I e de Arza.[3]
Na tempada 1956/57 xogou co Cördoba en Segunda, sendo o máximo goleador do Grupo II con 28 goles, superado na categoría só polos históricos 45 goles do dianteiro do Sporting de Gijón Ricardo. Pechou a súa carreira xogando no Xerez.
Notas
editar- ↑ Alba, Ernesto (4 de xuño de 2018). "El otro pichichi xerecista" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ "El Sevilla y la última vez que al Barcelona le marcaron ocho goles" (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ Soria, Adrián (10 de abril de 2017). "Los diez máximos goleadores del Sevilla FC" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).