Lorenzo Milá

Xornalista e presentador español

Lorenzo Milá Mencos, nado o 8 de outubro de 1960 en Barcelona, é un xornalista catalán.

Modelo:BiografíaLorenzo Milá

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lorenzo Milá Mencos Editar o valor en Wikidata
8 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Esplugues de Llobregat Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultat de Ciències de la Comunicació - ciências da comunicação (pt) Traducir (1983–1988) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorEurosport (pt) Traducir (1988–1989)
RTVE (1986, 1989–1988)
Diario Sport (1983–1986) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSagrario Ruiz de Apodaca (1998–) Editar o valor en Wikidata
FillosBruno, Nicolás, Alejandro Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Luis Milà Sagnier Editar o valor en Wikidata
IrmánsMercedes Milá Mencos Editar o valor en Wikidata
ParentesAlfons Milà, tío
Miguel Milá, tío
Lluís Maria Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà, curmán entregue
Josep Maria Milà i Camps, avó
Josep Milà i Pi, bisavó Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1071386 Twitter: lorenzomila Dialnet: 2613724 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Barcelona en 1988. É irmán da coñecida periodista e presentadora Mercedes Milá e está casado coa tamén xornalista Sagrario Ruiz de Apodaca, con quen ten tres fillos.

Actividade laboral

editar

En 1983 comeza a súa traxectoria profesional no xornalismo deportivo, como redactor no diario Sport. En 1986 colabora en programas de TVE como El tiempo es oro, Juego de niños e Plató vacío.

En 1988 e 1989 vive en Londres traballando na canle de televisión ScreenSport (na actualidade Eurosport). Regresa a España, a TVE, onde desenvolve funcións de redactor no ámbito deportivo ata 1994. Durante eses catro anos traballa no centro territorial de Sant Cugat del Vallès e en 1993 presenta o programa de debate Al Grano.

En 1994 trasládase a Madrid para incorporarse ó acabado de nacer informativo nocturno de La 2, denominado La 2 noticias como redactor e presentador onde estaría ata setembro de 2003. Neste período o noticiario, coñecido por ser menos institucional que a maioría en España e cun estilo moi persoal, recibe numerosos premios. Substitúeo Fran Llorente, que era xa un rostro coñecida no espazo.

Desde setembro de 2003 ata setembro de 2004 incorpórase á delegación de TVE en Washington como correspondente adxunto para acompañar á súa muller, nomeada correspondente principal.

Regresa a España cando Carmen Caffarel, directora xeral de Televisión Española lle ofrece o posto de presentador do Telediario nocturno, esta vez na primeira canle de TVE. Ademais Fran Llorente, o que fora o seu compañeiro, convértese no director dos servizos informativos substituíndo a Alfredo Urdaci, con este telediario consegue ser o líder de audiencia superando mesmo ó informativo de Matías Prats e converténdoo no telediario máis visto da televisión

Premios e nomeamentos

editar
Premio Ano Categoría Programa Resultado
Antena de Ouro 1997 Televisión La 2 noticias Gañador
Premio ATV 2005 Comunicador de Programas Informativos Telediario Nomeado
Premio ATV 2004 Comunicador de Programas Informativos Telediario Nomeado
Premio ATV 2002 Comunicador de Programas Informativos La 2 noticias Ganador
TP de Ouro 2006 Mellor Presentador de Informativos Telediario Nomeado
TP de Ouro 2005 Mellor Presentador de Informativos Telediario Nomeado
TP de Ouro 2004 Mellor Presentador de Informativos Telediario Nomeado
TP de Ouro 1997 Mellor Presentador La 2 noticias Nomeado
TP de Ouro 1996 Mellor Presentador La 2 noticias Nomeado

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar