Lola Varela

mestra e escritora galega


Dolores Varela Salgado, nada en Pontevedra o 18 de decembro de 1954, é unha profesora e escritora galega.

Infotaula de personaLola Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de ensino secundario , escritora Editar o valor em Wikidata

Facebook: lola.varela.5851 Dialnet: 3020379 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Dionísio Pereira, David Simón e Lola Varela na Casa da Viúva da Gudiña.
 
Na presentación de Ám@me de Amada Traba e Mercedes Oliveira.


Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, na Universidade de Santiago de Compostela, e foi profesora de Lingua e literatura castelá no ensino secundario dende 1981 até a súa xubilación en 2019. Exerceu en Cariño, Orihuela, Madrid, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e mais no Instituto Español Melchor de Jovellanos de Alhucemas (Marrocos). Ocupou diversos cargos directivos e dirixiu grupos de teatro nos centros en que traballou.

Implicada no movemento feminista, en 1976 foi membro da primeira xunta directiva da Asociación Universitaria para o Estudo do Problema da Muller (AUPEPM). Dedicouse á formación en educación en igualdade, coeducación, educación afectivo-sexual e prevención da violencia de xénero, tanto para o alumnado de secundaria como nos centros de formación do profesorado de Galicia e no Servizo Galego de Igualdade. Levou adiante iniciativas pioneiras na formación do alumnado como os Obradoiros de Igualdade, elaboración do Plan de Igualdade, creación dun Decálogo de Igualdade, ou o blog Educando en Igualdade[1]. Tamén ten investigado sobre a represión contra a muller baixo o franquismo.

Despois da súa xubilación segue a colaborar en prensa[2] e impartindo charlas formativas. En 2022 publicou o volume Feminismo de proximidade, recompilación de artigos publicados en prensa, relatorios e outros traballos realizados entre 2019 e 2021. Residente no rural[3], estivo na directiva da asociación de mulleres de Cerdedo Espadela, e presidiu a asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido entre 2006 e 2012. Formou parte do Colectivo Vences canda a Íñigo Berriochoa, Mercedes Conde, Alberte Pagán e Dionísio Pereira. Ademais, é membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Sexoloxía[4].

Recoñecementos editar

  • Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación, polo traballo "Mellorando a convivencia entre iguais" (2011; xunto a Luisa Fernanda Arís García, do IES A Xunqueira I)[5]
  • X Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer, da AECID e o MEFP, polo proxecto "Acciones y conexiones en educación para el desarrollo" do Instituto Jovellanos de Alhucemas (2018, xunto a Esther Mato, xefa do departamento de Orientación)[6]

Obra editar

  • A muller na Historia, en colaboración con Dionísio Pereira. Historia Universal nº 29. A Nosa Terra, 1998.
  • El Instituto Español Melchor de Jovellanos cumple medio siglo. Instituto Español Melchor de Jovellanos, 2018.
  • Feminismo de proximidade. Companha Editora, 2022.

Colaboracións en obras colectivas editar

  • Prólogo de Pasado, presente y futuro del pensamiento libertario. Memoria I Jornadas Internacionales de debate libertario, en colaboración con Dionísio Pereira. Fundación Salvador Seguí, 1988.
  • “Fotografía social e memoria histórica” e “Análise das fotografías da Jefatura Provincial del Movimiento en Pontevedra, concellos de Cerdedo e Forcarei” en Desmontando a propaganda franquista, en colaboración con Dionísio Pereira. Deputación Pontevedra, 2022.

Notas editar

  1. "Educando en igualdade". 
  2. "Artigos de Lola Varela". Xornal Nós. 
  3. Tino Lago e Marcos Santos (22 de xuño de 2022). "Dionísio Pereira e Lola Varela". A Nova Peneira. 
  4. "Quen somos?". SOGASEX. 
  5. "Tres centros galegos acadan unha mención honorífica nos Premios IRENE 2011". IES Xunqueira 1. 2 de decembro de 2011. 
  6. "X Premio Vicente Ferrer". IE Melchor de Jovellanos.