Loita Revolucionaria

Loita Revolucionaria (en grego: Επαναστατικός Αγώνας, Epanastatikos Agonas) é un grupo paramilitar grego da extrema esquerda coñecido polos seus ataques contra edificios do goberno grego e a embaixada estadounidense en Atenas. Tanto o goberno grego como os medios de comunicación descríbeno coma un grupo terrorista.

Os ataques entre 2003 e 2007

editar

A primeira aparición do grupo foi en 2003 cun ataque con bomba no complexo dos xulgados de Atenas, seguido dos ataques en 2004 contra o ministro de traballo grego e autobuses da policía. O 22 de decembro de 2005 o grupo publicou un manifesto na revista satírica grega To Pontiki no que se definían como revolucionarios, anti-globalización e anti-estadounidenses. En xaneiro do 2007, unha chamada anónima que dicía formar parte do grupo atribuise o ataque realizado cun mísil contra a embaixada dos EE.UU en Atenas. Despois do ataque con mísil do 12 de xaneiro do 2007, as autoridades gregas identificaron o grupo como unha escisión da Organización Revolucionaria 17 de novembro.

Declaración de 2007

editar

Nunha declaración publicada na To Pontiki o 25 de xaneiro, Loita Revolucionaria admitiu a autoría do ataque contra a embaixada alegando que o "golpe foi a nosa resposta á guerra criminal contra o terrorismo que os EE.UU desataron por todo o planeta ca axuda doutros estados compañeiros de viaxe".

Designación terrorista

editar

A Unión Europea engadiu LR á súa lista de organizacións designadas como terroristas o 29 de xuño de 2007.

Implicacións en 2009

editar

En xaneiro do 2009 a policía grega fixo público que os seus tests de balística amosaba que a arma utilizada por LR no atentado do 30 de abril de 2007 fora usada de novo o 5 de xaneiro de 2009 no tiroteo dun oficial de policía. Unha segunda arma usada o 5 de xaneiro foi relacionada pola policía co ataque do 23 de decembro de 2008 contra un autobús da policía. Segundo as informacións este ataque foi recoñecido por un grupo autodenominado Acción Popular (Λαϊκή Δράση, Laiki Drasi), en resposta ós disturbios en Grecia de 2008.

Ataques de Loita Revolucionaria

editar

Nota: Nesta lista non se incluíron os ataques sen confirmar ou de dubidosa autoría.

  1. Report: Greek terror group claims Citibank attacks. AP. 12 March 2009.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar