Lois Ladra

antropólogo e arqueólogo galego

Xosé Lois Ladra Fernández, nado na Coruña o 28 de xullo de 1972, é un antropólogo e arqueólogo galego, investigador e divulgador en materia de Patrimonio Cultural. Dirixiu varios proxectos no ámbito da Antropoloxía Cultural e do Patrimonio Etnolóxico galaico-portugués.[1]

Infotaula de personaLois Ladra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1635098 AELG: 596 Dialnet: 159932

Traxectoria

editar

Estudou Xeografía e Historia na USC, expecializándose e Prehistoria e Etnoloxía na Universidad Complutense de Madrid; tamén ten unha licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED.[2] No ano 2000, obtivo unha bolsa da Fundación Barrié, para realizar un Mestrado en Arqueoloxía na Universidade do Porto, Portugal.[3] Ampliou a su formación académica licenciándose en Antropoloxía Social, ademais de obter o Diploma de Estudos Avanzados e a Suficiencia Investigadora e realizou cursos de doutoramento na USC. Conta con varios libros publicados en galego, castelán e portugués. Tamén ten artigos en publicacións periódicas galegas, españolas e portuguesas, así como capítulos de libros, comunicacións en congresos, colaboracións xornalísticas e conferencias.[4]

É membro de varias asociacións: o Museo do Pobo Galego, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Galega de Antropoloxía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Amigos dos Cruceiros de Galicia e da Rede Ibérica Ocidental para uma Nova Ordenação Raiana - Plataforma RIONOR.

En maio de 2024 foi nomeado director do Museo do Pobo Galego.[5]

Obras e monografías

editar
  • Religiosidade popular e mitos fundacionais no Douro Transmontano (2021), Vila Real, Câmara Municipal. DL 490422/21.
  • Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico (2020), A Coruña, Amigos dos Museos de Galiza. ISBN 978-84-09-21399-3.[6]
  • Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco Moinhos hidráulicos no rio Ocreza (2018), Carviçais, Lema d`Origem. ISBN 978-989-98329-1-6.[7]
  • Tecnologia tradicional do sumagre no Douro Superior. Etnobotânica, História, Cultura e Património, (2013), Vila Nova de Foz Côa, Fundação Côa Parque, Coleção Cadernos do Côa, nº 7. ISBN 978-989-98329-1-6.[8]
  • A cultura da amêndoa no Douro Superior. História, Tradição e Património, (2013), Peso da Régua, Museu do Douro e Associação de Desenvolvimento do Douro Superior. ISBN 978-972-780-416-0.[9]
  • Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, (2008). Tomo I: Estudios críticos (en colaboración con Alfredo Vigo Trasancos). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-849-589-263-8.[10]
  • A pesca tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras, (2008). Santiago de Compostela, Ed. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-552-9.[11]
  • Arte relixiosa popular na Terra de Valga: cruceiros, cruces e petos de ánimas (2002). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. Serie “Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia”. ISBN 978-84-9752-004-1.[12]

Premios

editar
  • 2020 Premio “Pedra do Destino”.[13] Concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, en recoñecemento ao traballo de divulgación científica a prol do patrimonio cultural.
  • 2019 XII Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”.[14] Accésit concedido ao traballo titulado “Achega ao patrimonio fluvial construído no rio Sarela”.
  • 2018 VII Premio de Investigación “Fermín Bouza Brey”,[15] concedido ao proxecto de pesquisa “Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial artesanal e do patrimonio fluvial no rio Tea”.
  • 2011 X Premio “Raigame – Xaquín Lorenzo,[16] concedido ex-aequo.
  • 2008 XIII Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais,[2] concedido ao traballo de investigación “A pesca fluvial tradicional en Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras”.
  • 2006 IX Premio “Cátedra – Pontedeume”,[17] concedido ao traballo de investigación desenvolvido sobre “As telleiras tradicionais: o exemplo aresán”.
  • 2001 VI Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Muíños hidráulicos do Concello de Valga”.
  • 2000 V Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arquitecturas populares. Os pombais”.
  • 1999 IV Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arte relixiosa popular. Cruceiros e petos de ánimas”.
  1. "Ladra, Lois. «O autor na Axenda Cultural da AELG»". 
  2. 2,0 2,1 Redacción (8 de marzo de 2008). "Acta do xurado do XIII Premio “Vicente Risco” en ciencias sociais". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  3. "Lois Ladra, becario máster 2000, Premio Pedra do Destino 2020 y autor del libro Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico". Consultado o 23/07/2020. 
  4. "Ladra, Lois. «Repositorio Dialnet sobre o autor».". Consultado o Publicaciones entre 1997 - 2023. 
  5. Gallego, El Correo (2024-05-25). "O antropólogo e arqueólogo Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego". El Correo Gallego. Consultado o 2024-05-25. 
  6. Ladra, Lois (2020). Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico. Amigos dos Museos de Galiza. ISBN 978-84-09-21399-3. 
  7. Ladra, Lois (2018). Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco Moinhos hidráulicos no rio Ocreza. Lema d`Origem. ISBN 978-989-98329-1-6. 
  8. Ladra, Lois (2013). Tecnologia tradicional do sumagre no Douro Superior. Etnobotânica, História, Cultura e Património. Fundação Côa Parque, Coleção Cadernos do Côa, n.o 7. ISBN 978-989-98329-1-6. 
  9. Ladra, Lois (2013). A cultura da amêndoa no Douro Superior. História, Tradição e Património. Museu do Douro e Associação de Desenvolvimento do Douro Superior. ISBN 978-972-780-416-0. 
  10. Ladra, Lois (2008). Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Tomo I: Estudios críticos (en colaboración con Alfredo Vigo Trasancos). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-849-589-263-8. 
  11. Ladra, Lois (2008). A pesca tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-552-9. 
  12. Ladra, Lois (2002). Arte relixiosa popular na Terra de Valga: cruceiros, cruces e petos de ánimas. Serie “Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia”. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-84-9752-004-1. 
  13. "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2020 AO ARQUEÓLOGO LOIS LADRA". amigosmuseosgalicia.org. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  14. Concello da Capela. "XII Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”". museoacapela.gal. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  15. Concello de Ponteareas. "O xurado concede o VII premio Fermín Bouza Brey a Lois Ladra". ponteareas.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2024. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  16. Concello de Celanova (12 de setembro de 2011). "CONCURSOS DA “X ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2011”. VILANOVA DOS INFANTES" (PDF). raigame.gal. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  17. "Premio por bucear en el pasado". lavozdegalicia.es (en castelán). 2 de outubro de 2006. Consultado o 14 de maio de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar