Abrir o menú principal

Little Miss Sunshine

filme de 2006 dirixido por Jonathan Dayton and Valerie Faris

Little Miss Sunshine é unha película estadounidense do ano 2006, dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris. A película gañou o Oscar ó mellor actor secundario (Alan Arkin) e o Oscar ó mellor guión orixinal e foi candidata ao Oscar á mellor película, á parte de participar e obter outros premios.

Little Miss Sunshine
Ficha técnica
Título orixinalLittle Miss Sunshine
DirectorJonathan Dayton e Valerie Faris
ProdutorMarc Turtletaub
David T. Friendly
Peter Saraf
Albert Berger
Ron Yerxa
GuiónMichael Arndt
IntérpretesSteve Carell
Toni Collette
Greg Kinnear
Alan Arkin
Beth Grant
Paul Dano
Abigail Breslin
MúsicaMychael Danna
DeVotchka
FotografíaTim Suhrstedt
MontaxePamela Martin
Estrea2006
Duración101 min.
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, drama
Orzamento$8 000 000[1]
Recadación$100 523 181

Índice

ArgumentoEditar

Os Hoover realizan unha viaxe a California para presentar a nena Olive (Abigail Breslin) a un concurso de beleza chamado Little Miss Sunshine. Ante a grande ilusión da filla, seus pais Richard (Greg Kinnear) e Sheryl (Toni Collette) deciden facer o longo traxecto durante o cal as personalidades dos membros da familia sairán a flote. Na furgoneta Volkswagen marela que empregan para a viaxe van, á parte dos pais, a cativa, o avó de Olive e pai de Richard (Alan Arkin), que axuda a Olive co concurso, o tío Frank (Steve Carell), profesor experto na obra de Marcel Proust que se recupera dun intento de suicidio tras ser abandonado polo seu mozo, e o irmán de Olive, Dwayne (Paul Dano), fanático de Nietzsche que está realizando un voto de silencio até ingresar na Forza Aérea dos Estados Unidos.

PersonaxesEditar

PremiosEditar

Recibiu en total 31 premios e 34 candidaturas.

Premios OscarEditar

Ano Categoría Candidatos Resultado
2006 Mellor película Candidata
2006 Mellor actor secundario Alan Arkin Gañador
2006 Mellor actriz secundaria Abigail Breslin Candidata
2006 Mellor guión orixinal Michael Arndt Gañadora

Globos de OuroEditar

Ano Categoría Candidatos Resultado
2007 Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Candidata
2007 Globo de Oro á mellor actriz - Comedia ou musical Toni Collette Candidata

Premios BAFTAEditar

Ano Categoría Candidatos Resultado
2006 BAFTA á mellor película Candidata
2006 BAFTA ó mellor director Jonathan Dayton
Valerie Faris
Candidatos
2006 BAFTA ó mellor actor secundario Alan Arkin Gañador
2006 BAFTA á mellor actriz secundaria Abigail Breslin Candidata
2006 BAFTA á mellor actriz secundaria Toni Collette Candidata
2006 BAFTA ó mellor guión orixinal Michael Arndt Gañadora

Premios SAGEditar

Ano Categoría Candidatos Resultado
2006 Premio SAG ó mellor elenco de actores Gañadora
2006 Premio SAG ó mellor actor secundario Alan Arkin Candidato
2006 Premio SAG á mellor actriz secundaria Abigail Breslin Candidata

ComentariosEditar

Banda sonoraEditar

  1. Sufjan Stevens: Chicago (Sufjan Stevens).
  2. Matt Winston: America The Beautiful (tradicional).
  3. Francisco Javier González e Jose Zúñiga: Tu Abandono (Xocoyotzin Herrera).
  4. John Ehrlich: Information Highway (John Ehrlich).
  5. DeVotchka: Enemy Guns (DeVotchka).
  6. Casandra Ashe: Give My Regards To Broadway (George M. Cohan).
  7. Conway Twitty: Fifteen Years Ago (Raymond A. Smith).
  8. Inspiration: You've Got Me Dancing (Gordon Pogoda e Barry Upton).
  9. DeVotchka: La llorona (tradicional).
  10. Lindsey Jordan: Rodeo Queen (Darvin Jordan).
  11. David Sparkman: Martini Lounge (David Sparkman, Scott Nickoley e Jamie Dunlap).
  12. Pulse: Give It Up (Marc Dold e Judith Martin).
  13. John Ehrlich: Change The World (John Ehrlich).
  14. Julie Griffin: Let It Go (Gordon Pogoda).
  15. Rick James: Super Freak (Rick James e Alonzo Miller).
  16. DeVotchka: Til The End Of Time (Nick Urata e DeVotchka).
  17. Sufjan Stevens: No Man's Land (Sufjan Stevens).

GuiónEditar

Antes de escribir o guión, Arndt leu nun xornal que o actor e gobernador de California Arnold Schwarzenegger, nun discurso ante uns escolares, dixo: «Se hai algo neste mundo que me dea noxo, son os perdedores. Desprézoos profundamente». Como resultado, Arndt creou un guión satirizando esa actitude[2].

NotasEditar

  1. "Little Miss Sunshine at Box Office Mojo" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2009. 
  2. "Little Miss Sunshine: The Shooting Script" (en inglés). FORA.tv. 15-II-07. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de novembro de 2009. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar