Literatura en interlingue

O interlingue é un idioma artificial creado por Edgar de Wahl en 1922. Caracterízase por ser un idioma naturalista e regular, unha vía media entre a artificiosidade do esperanto e do ido, e a naturalidade total da interlingua (que inclúe moitas irregularidades).[1]

Unha gran parte da literatura en interlingue publicouse na súa revista oficial Cosmoglotta.

Os períodos nos que se divide a literatura en interlingue son:

  • Primeiro período (1921-1927): Desde a creación do idioma ata o cambio de sede a Viena.
  • Período de Viena (1927-1949): Desde o cambio de sede a Viena ata o cambio de nome a interlingue.
  • Período de paralización (1950-1999): Desde o cambio de nome do idioma ata a creación do primeiro Yahoo! Group.
  • Reavivamento en Internet (1999 ata a actualidade): Desde a creación do primeiro Yahoo! Group ata a actualidade.

Primeiro período (1921-1927) editar

A primeira publicación coñecida en occidental é o libro Transcendent algebra, ideografie matematical, experiment de un lingue filosofic, de Jacob Linzbach, publicado en 1921. Con todo, non se pode considerar este libro como unha "obra literaria".[1]

O primeiro texto literario que se pode atopar en Cosmoglotta é Hymne, de Kaarlo Hammar, traducido do finés por K.J. Saarinen en Kosmoglott 1925.[1]

A seguinte obra literaria apareceu no Supplement de Kosmoglott 1 (ano 1926). Esta revista tiña como obxectivo o publicar traducións de textos científicos e literarios. No primeiro número pódense atopar traducións de dous poemas de Goethe feitos por A. Toman: o verso 48 (aínda que aparecese como o 54 en Cosmoglotta) do texto Vier Jahreszeiten e tamén unha parte do poema Wandrers Nachtlied.[1]

A. Toman traduciu tamén poesías de Jaroslav Vrchlický[1]​. En 1926 publicouse Nationalisme in Occidente, que era a tradución a partir do inglés feita por A. Toman do primeiro capítulo de Nationalism, publicado en 1918 por Rabindranath Tagore.

Período de Viena (1927-1949) editar

O segundo período da historia literaria do occidental é o período de Viena, que empezou en 1927 e estendeuse até 1949, cando se cambiou o nome do idioma a interlingue.

En Supplement al Cosmoglotta 7 (1927), atópase a tradución das "Sentenzas persas" de Saadi, e en Supplement al Cosmoglotta 8 (Marte 1927), atópase Li Francia depos li guerre, de Hermann Keyserling, e un fragmento de Suicide, de T. G. Masaryk[1]​.

En 1930, Ric Berger publicou Historiettes in Occidental, unha compilación de historietas orixinalmente publicada na revista Helvetia.[1]

Tamén 1930 publicouse Ú es mi hem?, de Konstanti Balmont, traducido por A. Toman en colaboración con M. Guilbert, A. Deminger e E. de Wahl[1].

En 1931 publicouse a obra Manuel Menendez, unha obra de Edmondo de Amicis traducida por A. Toman coa axuda de Edgar de Wahl. Tamén nese ano publicouse Un descende in li Maelstrom, unha obra de Edgar Allan Poe, igualmente traducida por A. Toman coa axuda de Edgar de Wahl[1]​.

Jaroslav Podobský publicou Li Astres del Verne, unha colección de poesía orixinal en Occidental[1].

En 1938, Jan Amos Kajš publicou Krasina, raconta del subterrania del Moravian carst[1].

Entre as obras orixinais, destacan as de A.E. Cortinas, como Li vive pende a un fil, Li mendico, Li incercerat princessa e Pro amore al musica; e o conto Cacuma, de P. Dimitriev, publicado en Cosmoglotta A 143 (xaneiro 1949)[1]​.

Período de estancamento (1950-1999) editar

 
Un Adío, de Arvid Brenner, traducido en 1958 por Eric Ahlström.

O período de estancamento empezou en 1950, cando a Occidental-Union votou oficialmente o cambio de nome do idioma a interlingue. Este cambio aceptouse cun apoio do 91%. Este período acabou coa creación do primeiro Yahoo! Group en occidental en 1999[1].

Interlingua apareceu en 1951 e moitos occidentalistas, incluíndo Ric Berger, un dos seus principais defensores, empezaron a apoiar esta nova lingua de IALA, que significou un enfraquecemento do movemento. Cosmoglotta seguiu aparecendo, pero con menos periodicidade até o punto de deixar de aparecer en 1985. Segundo Don Harlow, un autor esperantista, Adrian Pilgrim, editor de Cosmoglotta naquela época, dixo que o occidental podía describirse como unha "lingua morta"[1].

Li matre parla, unha tradución de Josef Křesina a partir do orixinal checo de Jiří Marek, publicouse en 1954[1]​.

Li alocution al chefes de Lebak, de Multatuli, foi traducido por Piet Cleij e publicado en 1955. É un fragmento da obra "Max Havelaar", que "foi unha severa acusación contra o sistema colonial holandés daquela época"[1]​.

En 1957, o Interlingue Institute Nederland publicou Camises Nuptial, de Karel Jaromír Erben, traducido por Josef Křesina. En 1958, Eric Ahlström publicou "Un adío", unha tradución libre de Arvid Brenner. Do mesmo tradutor é o libro "Un desertor", escrito orixinalmente por Bo Bergman e publicado (a tradución) en 1958, ano de publicación de Episode con perspectives, de Harald Herdal[1]​.

En 1964 Francis R. Pope publicou o libro Poemas, unha colección de poemas traducidos do alemán, do francés e do inglés[1]​.

Renacemento en Internet (1999 até a actualidade) editar

O renacemento do occidental empezou en 1999, cando se creou o primeiro Yahoo! Group en occidental. Antes disto, o idioma sufrira unha etapa de decadencia no oitenta e o noventa. Nesta época cabe destacar a creación de Wikipedia, que alcanzou os 5000 artigos en 2020[1].

O primeiro texto publicado nesta época é Li Cartusie de Parma, de Stendhal, publicado en Internet por Robert Winter en 2011.

En 2012, Thomas Schmidt publicou Li Munde de Sandra na revista por Internet Posta Mundi, que se especializa en publicacións literarias en linguas artificiais. Este autor tamén traduciu Li litt prince en 2014[1]​.

En 2019, Dave MacLeod publicou Li Romance de Photogen e Nycteris[1]​.

Entre os anos 2021 e 2023, Vicente Costalago publicou textos orixinais como Li sercha in li castelle Dewahl e altri racontas, Li tresor de Fluvglant, Subuqti e Verses escapat de mi mente; e traducións como Antologie hispan, Fabules, racontas e mites e Antologie de poesie europan[1]​.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 Costalago, Vicente Litteratura in Occidental, in Cosmoglotta 329 (Januar-junio 2022), pag. 2-15