Interlingua (lingua artificial)
- Existe outra lingua ás veces coñecida como interlingua, é o latino sine flexione.
Interlingua é unha lingua artificial. O vocabulario da interlingua foi tomado das principais linguas románicas, xermánicas e eslavas. O mesmo ocorreu tamén coa súa gramática, pero moito máis simplificada. Interlingua trata de ser, en esencia, o "factor común" entre as linguas europeas.
Interlingua | ||
---|---|---|
Creado por: | International Auxiliary Language Association | 1951 |
Emprego e uso: | Linguaxe auxiliar internacional | |
Total de falantes: | descoñecido | |
Categoria (propósito): | Lingua artificial Linguaxe auxiliar internacional Interlingua | |
Categoria (fontes): | linguas románicas, xermánicas, e eslavas. | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | ningún país | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ia
| |
ISO 639-2: | ina | |
ISO 639-3: | ina
| |
SIL: | INA
|
A gramática e o vocabulario da interlingua foron completados no 1950. Alexander Gode foi un dos primeiros iniciadores deste esforzo; publicou unha gramática detallada, un dicionario interlingua-inglés e un libro introdutorio, titulado en Interlingua: Interlingua a prime Vista.
Interlingua ten seguidores nos EEUU, nos Países Baixos, en Rusia e particularmente en Suecia. Existen algunhas páxinas web en interlingua e un boletín mensual.
Agora interlingua tende a substituír o seu vocabulario tomado do latín clásico na versión orixinal de Gode polo vocabulario románico. Por exemplo, emer (comprar) vese substituído por comprar.
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Interlingua (lingua artificial) |
Ligazóns externasEditar
- Union Mundial pro Interlingua (en interlingua)