Latino sine flexione

Latino sine flexione (latín sen flexión, abreviado LSF), tamén chamado Interlingua de Peano (abreviado IL), é unha lingua auxiliar presentada polo matemático italiano Giuseppe Peano no ano 1903. É unha versión simplificada da lingua latina, libre de flexións nominais e verbais: a nivel de vocabulario, utiliza unicamente a forma ablativa dos nomes e a forma imperativa dos verbos; a nivel de gramática, utiliza preferentemente partículas gramaticais (por exemplo, a preposición de expresa xenitivo).

Latino sine flexione
Outros nomes:Interlingua de Peano
Creado por: Giuseppe Peano1887–1914
Emprego e uso: Lingua auxiliar internacional
Total de falantes: sen datos
Posición: Non se atopa entre os 100 primeiros.
Categoria (propósito): Lingua auxiliar
Regulado por: Academia pro Interlingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
Mapa
Interlingua sign 1911.jpg
Status

O esbozo inicial foi publicado na Rivista dei Matematica / Revue de Mathématiques, baixo o título Latino sine Flexione, Lingua Auxiliare Internationale.​ Peano argumenta que outras linguas auxiliares son innecesarias, xa que xeralmente a lingua latina xa achega a terminoloxía científica internacional. O artigo empeza en latín clásico, e gradualmente suprime as diversas flexións gramaticais, mostrando así a aplicación práctica da idea.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Publicacións de PeanoEditar

Ligazóns externasEditar