Lisardo Longueira García

carpinteiro e político galego

Lisardo Longueira García, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) en 1897 e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaLisardo Longueira García
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
San Pedro de Nós, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Coñecido polo alcume de "Ferranchín". Veciño de Pravio (Cambre), onde organizou e foi directivo dun sindicato anarquista. En xuño de 1933 foi multado polo Gobernador civil.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Detido en 1937, foi procesado por rebelión militar na causa 1168/37 e condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Justo Galán Barbero, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández.

  1. La Voz de Galicia, 7-6-1933, p. 5.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar