Un lipopéptido é unha molécula que consiste nun lípido unido a un péptido.[1] Poden autoensamblarse orixinando diferentes estruturas.[1][2][3] Moitas bacterias producen estas moléculas como parte do seu metabolismo, especialmente as dos xéneros Bacillus, Pseudomonas e Streptomyces.[4] Certos lipopéptidos utilízanse como antibióticos.[5][6] Outros lipopéptidos son agonistas de receptores de tipo Toll.[3] Certos lipopéptidos poden ter fortes actividades antifúnxicas e hemolíticas.[7] Demostrouse que a súa actividade está xeralmente ligada a interaccións coa membrana plasmática,[8] e compoñentes esterois da membrana plasmática poderían exercer un importante papel nesta interacción.[9][10] A tendencia xeral é que engadir un grupo lipídico de certa lonxitude (normlmente C10–C12) a un lipopéptido fai incrementar a súa actividade bactericida.[11] Os lipopéptidos cun gran número de átomos de carbono, por exemplo 14 ou 16, na súa cola lipídica teñen normalmente actividade antibacteriana, así como actividade antifúnxica.[11]

Antibióticos lipopéptidos cíclicos
Identificadores
SímboloN/A
TCDB1.D.15
OPM superfamily163
OPM protein1t5n

Os deterxentes lipopéptidos están compostos de anfífilos e dúas cadeas alquilo que están localizadas na parte final do esqueleto peptídico. Foron deseñados para imitar a arquitectura de membranas nativas nas cales dúas cadeas alquilo dunha molécula lipídica interaccionan de fronte co segmento hidrófobo da membrana.[12]

Exemplos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Hamley IW (maio de 2015). "Lipopeptides: from self-assembly to bioactivity" (PDF). Chemical Communications (Cambridge, England) 51 (41): 8574–83. PMID 25797909. doi:10.1039/c5cc01535a. 
  2. Kirkham S, Castelletto V, Hamley IW, Inoue K, Rambo R, Reza M, Ruokolainen J (xullo de 2016). "Self-Assembly of the Cyclic Lipopeptide Daptomycin: Spherical Micelle Formation Does Not Depend on the Presence of Calcium Chloride" (PDF). ChemPhysChem 17 (14): 2118–22. PMID 27043447. doi:10.1002/cphc.201600308. 
  3. 3,0 3,1 Hamley IW, Kirkham S, Dehsorkhi A, Castelletto V, Reza M, Ruokolainen J (decembro de 2014). "Toll-like receptor agonist lipopeptides self-assemble into distinct nanostructures". Chemical Communications 50 (100): 15948–51. PMID 25382300. doi:10.1039/c4cc07511k. 
  4. Coutte F, Lecouturier D, Dimitrov K, Guez JS, Delvigne F, Dhulster P, Jacques P (xullo de 2017). "Microbial lipopeptide production and purification bioprocesses, current progress and future challenges". Biotechnology Journal 12 (7): 1600566. PMID 28636078. doi:10.1002/biot.201600566. 
  5. US granted 6911525, Hill J, et al., "Lipopeptides as antibacterial agents", published 28 de febreiro de 2002, assigned to Cubist Pharmaceuticals Inc.
  6. Steenbergen JN, Alder J, Thorne GM, Tally FP (marzo de 2005). "Daptomycin: a lipopeptide antibiotic for the treatment of serious Gram-positive infections". The Journal of Antimicrobial Chemotherapy 55 (3): 283–8. PMID 15705644. doi:10.1093/jac/dkh546. 
  7. Maget-Dana R, Peypoux F (febreiro de 1994). "Iturins, a special class of pore-forming lipopeptides: biological and physicochemical properties". Toxicology 87 (1–3): 151–74. PMID 8160184. doi:10.1016/0300-483X(94)90159-7. 
  8. Nasir MN, Besson F, Deleu M (setembro de 2013). "Interactions des antibiotiques ituriniques avec la membrane plasmique. Apport des systèmes biomimétiques des membranes (synthèse bibliographique).". Biotechnologie, Agronomie, Société et Environnement. 17 (3): 505–16. 
  9. Nasir MN, Besson F (maio de 2012). "Interactions of the antifungal mycosubtilin with ergosterol-containing interfacial monolayers". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Biomembranes 1818 (5): 1302–8. PMID 22306791. doi:10.1016/j.bbamem.2012.01.020. 
  10. Nasir MN, Besson F (setembro de 2011). "Specific interactions of mycosubtilin with cholesterol-containing artificial membranes". Langmuir: The ACS Journal of Surfaces and Colloids 27 (17): 10785–92. PMID 21766869. doi:10.1021/la200767e. 
  11. 11,0 11,1 Kanwar, Shamsher S.; Meena, Khem Raj (2015). "Lipopeptides as the Antifungal and Antibacterial Agents: Applications in Food Safety and Therapeutics". BioMed Research International (en inglés) 2015: 473050. PMC 4303012. PMID 25632392. doi:10.1155/2015/473050. 
  12. Zhang, Shuguang; Corin, Karolina (2018). "Peptide surfactants in membrane protein purification and stabilization". En Koutsopoulos, Sotirios. Peptide Applications in Biomedicine, Biotechnology and Bioengineering. ISBN 978-0-08-100736-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Giuliani A, Pirri G, Nicoletto S (2007). "Antimicrobial peptides: an overview of a promising class of therapeutics". Cent. Eur. J. Biol. 2 (1): 1–33. doi:10.2478/s11535-007-0010-5. 
  • Pirri G, Giuliani A, Nicoletto S, Pizutto L, Rinaldi A (2009). "Lipopeptides as anti-infectives: a practical perspective". Cent. Eur. J. Biol. 4 (3): 258–273. doi:10.2478/s11535-009-0031-3. 



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.