Linguas oceánicas

subgrupo das linguas austronesias

As linguas oceánicas son un subgrupo das linguas austronesias formado por unhas 450 linguas. A área ocupada polos seus falantes comprende a rexión das illas do Pacífico de Oceanía, na Polinesia, Micronesia e Melanesia (sen incluír a maior parte de Nova Guinea).

A pesar da área, as linguas oceánicas son empregadas por algo menos de 2 millóns de persoas. As máis faladas son o samoano, cuns 300.000 falantes, e o fidxiano oriental, con 500.000.

O devanceiro común, o cal está reconstruído, denomínase proto-oceánico (POc).

Distribución xeográfica

editar
 

     Oceánico occidental. Nas costas norte e leste de Nova Guinea máis Nova Bretaña.      Almirantado e yapés, nas Illas do Almirantado      Meso-melanesio propiamente, San Matías, Nova Irlanda e metade noroeste de Illas Salomón.      Salomónico suroriental      Temotu      Oceánico meridional, en Nova Caledonia e Vanuatu.      Micronesio      Fidxiano-polinesio ou Pacífico-central, na Polinesia e Fidxi.

Clasificación

editar

Cladograma

editar

Segundo Austronesian Basic Vocabulary Database[1] a relación filial entre os grupos de linguas oceánicas é a seguinte:

Oceánico (100%) 

Oceánico occidental

 (67%) 

Almirantado

 (83%) 

Mesomelanesio propiamente (84%)

Salomonense do sueste

Temotu

Oceánico meridional

(70%)

Micronesio

Fidxiano-polinesio (Pacífico central)

Descrición lingüística

editar

Fonoloxía

editar

O inventario fonolóxico reconstruído do proto-oceánico vén dado por:[2]

Labial Alveol. Palatal Velar Uvular
labial. simple
oclusiva xorda *pʷ *p *t *c *k *q
sonora *bʷ *b *d *j *g
nasal *mʷ *m *n
fricativa *s
rótica *r, *dr
aproximante simple *w *l *y

O inventario vocálico está formado por cinco vogais simples /*i, *e, *a, *o, *u/.

  1. "Austronesian Basic Vocabulary Database". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2006. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  2. Ross, Pawley & Osmond, 2007, p. 12

Bibliografía

editar
  • Malcolm Ross, Andrew Pawley e Meredith Osmond, ed. (2007). "1. Introduction". The lexicon of Proto Oceanic: The culture and environment of ancestral Oceanic society. The Australian National University (2ª ed.). pp. 1–16. ISBN 978-1-921313-18-9.